Arquivo da categoría: Monte

DOCUMENTAL SOBRE A GUARDA (c.1989)

Coa presentación desta gravación dun documental sobre o Concello da Guarda poñemos punto final á mostra do Fondo Xabi Lomba. Es documental foi gravado dunha emisión de Canal50 e ten moitos indicadores de que foi unha obra videográfica para facer publicidade das pontencialidades da Guarda.

Proxecto Socheo está moi agradecido pola colaboración e que confiase en nós para mostrar este material. Aproveitamos a ocasión para reiterar un novo convite á veciñanza da Guarda e da bisbarra para dar a coñecer posibeis materiais audiovisuais que poden ficar polas casas.

DESFILE DA FESTA DO MONTE (1982)

Chegamos ao final do Fondo Milo Valterra con este espectacular documento sobre o Desfile da Festa do Monte do ano 1982. Aparecen grupos de música tradicional e bandas como a Negra, Os Perdidos, o Mau Mau, Roja, Os Naranjitos… Imperdible! Gracias a Emilio Baz Lomba por todo.

OS MAU MAU NA FESTA DO MONTE (1981)

Filme que segue á Banda do Mau Mau tanto no desfile como na romaría da Festa do Monte da Guarda do ano 1981. O Mau Mau era unha taberna situada perto do Concello e que os seus parroquianos decidiron formar unha banda mariñeira que se atopa entre as máis antigas.

OS PERDIDOS NA ROMARÍA DA FESTA DO MONTE (1981)

Segunda parte do filme sobre Os Perdidos, desta vez síguese á banda verde o domingo do Monte, pola romaría e a troulada. Estas imaxes pertencen ao Fondo Valterra e poden verse grazas á vontade e a colaboración de Emilio Baz Lomba.

Se ti tamén tes este tipo de películas (en Super 8 ou en vídeo) E queres colaborar ponte en contacto: proxectosocheo@gmail.com

A FESTA DO MONTE COMEZA EN PROXECTO SOCHEO

Esta semana comeza a Festa do Monte en Proxecto Socheo. Haberá moitas sorpresas. Até a segunda semana de agosto iremos subindo novas e espectaculares incorporacións.

Todos os vídeos subidos até o de agora podes atopalos na seguinte lista de reprodución. Lembra que podes aportar os teu videos, da igual que sexa feito en Super8 ou cun mobil. Contacta e colabora: proxectosocheo@gmail.com

AIRES DA GUARDA (1958)

“Aires de mi tierra” é unha curtametraxe en cor do ano 1958, dirixida por Alberto Conde. Unha produción realizada ao abeiro do NODO onde se da conta do regreso dun emigrado a Galicia. Na viaxe por Galicia enfía distintos sitios emblemáticos, tamén da Guarda, onde destaca a cima e as vistas desde o Trega.