Arquivo da categoría: Xabi Lomba

DOCUMENTAL SOBRE A GUARDA (c.1989)

Coa presentación desta gravación dun documental sobre o Concello da Guarda poñemos punto final á mostra do Fondo Xabi Lomba. Es documental foi gravado dunha emisión de Canal50 e ten moitos indicadores de que foi unha obra videográfica para facer publicidade das pontencialidades da Guarda.

Proxecto Socheo está moi agradecido pola colaboración e que confiase en nós para mostrar este material. Aproveitamos a ocasión para reiterar un novo convite á veciñanza da Guarda e da bisbarra para dar a coñecer posibeis materiais audiovisuais que poden ficar polas casas.

Advertisement

O CORO ARPEGIOS NA FINAL DE CON MÚSICA PROPIA

Actuación do coro Arpegios na final do programa Con Música Propia da TVG. Gracias a estas gravacións videográficas do Fondo Xabi Lomba podemos seguir as actuación do coro xuvenil da Guarda polos diversos programas da televisión autonómica. Ao final deste vídeo poden ver como se lle entrega o premio ao seu director o lembrado José Luis Rodríguez.