Arquivo da categoría: Mar

ARCO DA VELLA NA GUARDA (2018)

Documento que inmortaliza un arco da vella na Guarda, concretamente na zona do porto, comeza en Mazaracos alumeado polo sol e pérdese polas Carpinteiras, esvaecido pola humidade cargada de sal das ondas do mar enbravecidas. Vídeo realizado co móbil por José Ramón.

 

 

PROAS #20: PALANGRES-MATERIAIS

Proas é un conxunto de recollidas orais sobre a persona de José Benito Rodríguez, máis coñecido como Tito Chirro. Unha serie de narracións estructuradas en torno a distintos temas relacionados co mundo do mar. Distintos semblantes de lembranzas que constitúen as Historias do mar na Guarda. “Era a vida nosa, era o noso destino”.

 

NUEVO CEDES (cap.12): PREPARANDO UN NOVO LANCE

Na nosa canle de youtube continuamos subindo contidos.

Presentamos a videobitácora do Nuevo Cedes, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todo peixe espada e marraxos. O que vemos é un diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo. Unhas gravacións feitas no ano 1997.

Lembramos que videobitácoras son uns diarios de abordo realizados durante distintas marés, Un fenómeno audiovisual guardés case desocoñecido ao que o Proxecto Socheo contribuíu a dar relevancia.

DE BISSAU Á PASAXE – de Ricardo Dorado

Nova entrega de Socheo Educativo…

O alumno Ricardo Dorado conseguiu filmar o momento en que o barco “Orca”, con bandeira da Guiné-Bissau, era remolcado polo río Miño nas proximidades da Pasaxe, en Camposancos.

Exercicio II – Minutos Lumière

Tras un sinxelo achegamento teórico ao papel da imaxe e das súas representacións ao longo da historia, detivémonos no xurdimento do cinema a finais do século XIX. Despois de visionar e comentar as primeiras obras filmadas polos Lumière propuxemos que o alumnado realizase, usando os aparellos que tivesen a man (mobiles ou cámaras), unha gravación cun plano fixo de aproximadamente un minuto. Así como fixeron os irmáns franceses, os estudantes capturarán nestas pezas anacos da sua propia cotidianidade: xente, espazos, paisaxe, etc.

NUEVO CEDES (cap.1): XANTAR

Nova videobitácora en Proxecto Socheo, a videobitácora do Nuevo Cedes, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todos peixe espada e marraxos. O que vemos é un diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo. Unhas gravacións feitas no ano 1997. Máis no noso youtube.

Homenaxe ao Club de Remo Robaleira da Guarda

Vídeo-clip feito sobre o himno do C. R. Robaleira. Unha canción composta por Anxo Baz e interpretada polo cantautor guardés Tino Baz co gallo da celebración do 25 aniversario da súa fundación (1989-2014). As imaxes foron recollidas de vídeos colgados en Youtube polo que agradecemos a todos os seus autores. Un documentos que axudaron e moito en facer un sentido homenaxe á traxectoria desta institución deportiva guardesa.

Parabéns Robaleira!

 

BOTADURA DO OLATRANE NOS ASTELEIROS DA PASAXE (1965)

Nova gravación coa vinculación mariñeira da Guarda. Fragmento dun NODO que fai referencia á “Botadura del Oltrane en La Guardia”. Unha reportaxe realizada en 1965 que leva a sinatura de 1172-A e ten unha duración de 49 metros. Nesta película recóllese a botadura dunha carabela nos asteleiros de Joaquín Castro na Pasaxe. O destino, o Río Miño e o Atlántico…