Seguimos coas contribucións do Fondo Xabi Lomba. Desta vez A Guarda é a poboación protagonista do programa Galicia Enteira. Nel saen entrevistas coa alcaldesa, persoeiros como Eliseo Alonso e actuacións musicais. Un documento moi interesante no que queda reflectido a vila da Guarda a comezos da década dos anos 90.
Arquivo da categoría: TVG
A BANDA DO ROSAL NA FINAL DE CON MÚSICA PROPIA
Seguimos coas gravacións do Fondo Xabi Lomba e continuamos coa Banda de Música do Rosal como protagonista. Desta vez as imaxes dan conta da final do programa Con Música Propia da televisión galega.
A BANDA DO ROSAL EN CON MÚSICA PROPIA
Seguimos co amplo fondo de Xabi Lomba, desta vez a gravación que poñemos a vosa disposición é a actuación da Banda de Música do Rosal no programa Con Música Propia da televisión galega.
O CORO ARPEGIOS NA FINAL DE CON MÚSICA PROPIA
Actuación do coro Arpegios na final do programa Con Música Propia da TVG. Gracias a estas gravacións videográficas do Fondo Xabi Lomba podemos seguir as actuación do coro xuvenil da Guarda polos diversos programas da televisión autonómica. Ao final deste vídeo poden ver como se lle entrega o premio ao seu director o lembrado José Luis Rodríguez.
O CORO ARPEGIOS N´A SANTA MISA (1994)
Seguimos co fondo de Xabi Lomba cunha nova actuación do coro Arpegios nun programa da Televisión de Galicia, concretamente no programa d´A Santa Misa no ano 1994.
O CORO ARPEGIOS EN CON MÚSICA PROPIA
Gravación de vídeo procedente do fondo Xabi Lomba onde se recolle a participación do coro Arpegios no programa da TVG Con música propia (c. 1992).
ARPEGIOS EN GALICIA ENTEIRA
Imaxes do coro Arpegios no programa da TVG Galicia Enteira. Gravación feita no porto da Guarda. Esta gravación de vídeo pertence ao fondo Xabier Lomba.
ARPEGIOS EN BOA SAÚDE (1992)
Seguimos coas gravacións que atesoura o Fondo Xabier Lomba. Volvemos a unha interpretación do coro Arpegios realizada para o programa da TVG Boa Saúde no ano 1992.
SANTA TREGA: HISTORIA E ROMARÍA
O programa relixioso da TVG “Polo camiño da fE” dedicoulle no 2014 un especial ao culto de Santa Trega: “Santa Trega, historia e romaría”. Co párroco Don Xesús García Villadóniga e o historiador Xoan Tamuxe.
Tino Baz no Alalá da Televisión de Galicia
Música con orixe na Guarda no Proxeco Socheo. O programa Alalá da TVG dedicoulle un episodio completo ao cantatautor da Guarda Tino Baz. Emitiuse o 8 de xuño de 2011.