Arquivo da categoría: Proxecto Socheo

Presentación de Proxecto Socheo no Cineclube Compostela

Presentación de Proxecto Socheo no Cineclube Compostela o vindeiro 25 de xaneiro ás 21.30. Beli Martínez fará unha intervención explicando en que consiste este proxecto e se visionarán un programa de distintos filmes que conforman o arquivo. Ollo coas sorpresas! Viva o palco de um povo!

Beli Martínez departirá sobre Proxecto Socheo no Instituto Universitário de Lisboa

O próximo 25 de outubro a nosa incansable produtora Beli Martínez impartirá unha aula aberta no Posgrado en Culturas Visuais Dixitais do ISCTE-Instituto Universitário de Lisboa. O tema versará sobre nós: “Proxecto Socheo: un arquivo audiovisual dunha cidade de Galiza: A Guarda”.

BELI-LISBOA-SOCHEO

Proxecto Socheo atópase entre as 100 mellores iniciativas culturais de Galicia

Proxecto Socheo forma parte da escolma de 100 proxectos que conforman o Banco de Proxectos de Galicia realizado pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural que conforma a súa iniciativa-web sobre as boas prácticas no sector. Segundo a ficha que lle dedican a Proxecto Socheo este é un exemplo de “intervención sociocultural”.

O pasado 1 de decembro durante o Culturgal celebrado en Pontevedra fíxose público o catálogo onde veñen reseñados as mellores prácticas culturais de Galicia. Este traballo foi realizado pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural co patrocinio do Ministerio de Cultura de España e da Deputación da Coruña.

A creación dun Banco de Boas Prácticas para a Xestión Cultural pretende pór a disposición de xestores culturais, responsables de institucións culturais, cargos públicos con responsabilidades en políticas culturais, artistas, etc. exemplos inspiradores para poder traballar máis e mellor no ámbito cultural.

Proxecto Socheo é a única iniciativa cultural da Guarda en aparecer nesta peneira. Aproveitamos este recoñecemento para agradecer a todos os que colaboraron connosco e animar a que o fagan a todos aqueles que queiran conformar o arcón audiovisual da Guarda.

descarga

O tecido asociativo de Galicia crea a Rede de Patrimonio Cultural

rede patrimonio galego.jpg

Máis de cincuenta asociacións, entre elas Proxecto Socheo, participan nesta iniciativa para vertebrar a defensa e promoción do noso patrimonio material e inmaterial

“A cultura é a identidade do noso pobo”. Con esta premisa, máis de cincuenta entidades culturais e patrimoniais de toda Galicia abriron o proceso para a creación da Rede polo Patrimonio Cultural Galego, unha entidade cuxo principal obxectivo será velar pola protección, a divulgación e a defensa do patrimonio cultural do país. 33 delas estiveron presentes na xuntanza fundacional da Rede no museo do Pobo Galego este sábado 3 de xuño. Nas vindeiras semanas, as asociacións que refrenden os acordos tomados constituirán xa formalmente esta Rede de Patrimonio Cultural.

A rede servirá coma un instrumento de axuda e unha ferramenta de difusión das actividades de todas as asociacións e entidades que participan dela e tamén para promover accións e campañas en defensa do noso patrimonio cultural en ámbitos institucionais, sociais e territoriais aos que a cada unha destas entidades, por si soas, lles resulta difícil acceder.

54 entidades de gran diversidade territorial e sectorial

54 entidades de todo o país, que reúnen desde grupos culturais de carácter local ou comarcal, grupos de investigación universitarios e asociacións de carácter profesional uníronse no que é a primeira rede vinculada ao patrimonio cultural que se crea en Galicia, un país onde a cultura e o patrimonio constitúe unha importante fonte de riqueza tanto social como económica e un valioso activo cara o futuro. As entidades participantes na rede manterán a súa independencia, aínda que participarán do seu calendario común de actividades.

Unha planificación anual

A Rede polo Patrimonio Cultural Galego realizará campañas –dúas ou tres por ano–, que afecten a aspectos económicos, lexislativos, administrativos, sociais ou educativos relativos ao patrimonio cultural, á súa conservación, protección e promoción. Ademais, as entidades participantes acordaron impulsar mecanismos e compartir recursos para divulgar o patrimonio, especialmente na ensinanza, co obxectivo de que os máis pequenos crezan cos valores do amor a súa historia e a súa cultura.

Por outra banda, consciente de que forma parte dun espazo cultural e histórico concreto, a rede tamén apoiará campañas que non só se subscriban á Galicia territorial, senón tamén campañas que abrangan outros espazos, coma o norte de Portugal ou as zonas fronteirizas de Asturias e de Castela e León. Neste senso, dará apoio a iniciativas como a de Ponte das Ondas.

A Rede polo Patrimonio Cultural Galego conta xa coa web redepatrimonio.gal para difundir as súas actividades e a de todas as entidades participantes e creará unha intranet para as comunicacións internas.

A creación desta nova entidade de defensa do patrimonnio é froito de semanas de contactos entre distintas entidades. Máis de 50 de toda Galicia amosaron o seu interese en participar nela e 33 ratificaron os acordos para impulsala nunha xuntanza que tivo lugar este sábado no Museo do Pobo Galego, en Santiago.

As entidades que participan no proceso de fundación da Rede de Patrimonio Cultural son:

 

A Gentalha do Pichel
A. C. Arrincadeira
A. C. Cultura do País
ADEGA
Alén Nós
Amigos do Arqueolóxico
Asoc. Cultural Festa da Prehistoria
Asociación ABERTAL del Eo-Navia
Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo
Asociación Amigos do Patrimonio de Castro Verde
Asociación Amigos dos Castros
Asociación Betula
Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!
Asociación Cultural O Bión
Asociación Cultural Pereira Adiante
Asociación cultural Sonora
Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo
Asociación de Veciños O Chedeiro
Asociación galega Cova Crea
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Asociación Monte Pindo Parque Natural
Asociación Nordés
Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego
Asociación profesional CRG da Conservación e Restauración de bens culturais de Galicia
Asociación profesional de guías de turismo de Galicia
Asociación Xermolos
Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial
Colectivo A Rula
Colectivo defensa Patrimonio A Forneiriña
Colectivo defensa territorio ANOVATERRA
Colectivo Patrimonio dos Ancares
Comunidade de Montes de Baroña
Etnoga Patrimonio Cultural, SL
Formas Cip Sl
Fundación Alexandre Bóveda
Fundacion Eira
Fundación Galicia Sustentable
Fundación Terra Termarum Castrolandín
Grupo de Investigación “A Laxe da Irena”
Grupo de Investigación Roda
Irmandade Augas Santas
Irmandade Illa de Tambo
Irmandade Santo Estevo
Liga Céltica Galaica
Mariña Patrimonio
Monterrei Cultura e Territorio e Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei
Noutrora
O Colado do Vento
O Sorriso de Daniel
O Suído
Patrimonio dos Ancares
patrimoniogalego.net
Phottic
Plataforma pola recuperación do Sar
Proxecto Socheo
Roxí Roxal
Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte
Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA)
Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
Sos Arte Rupestre
Umia Vivo
www.historiadegalicia.gal

 

Prepárase exposición sobre Joaquín García Portela “Costiña”

vlcsnap-00001

A exposición leva por título Camiños da imaxe e dará conta da figura e da obra do fotógrafo guardés Joaquín García Portela “Costiña”. A exposición terá lugar na Casa dos Alonsos do 22 de xullo ao 15 de agosto.

Este evento vai ser froito dunha estreita unha colaboración ente o Concello da Guarda e Proxecto Socheo. O primeiro, a través da Concellería de Cultura, fixo unha aposta decidida levando as tarefas de produción e o segundo dedicándose a comisariar.

O achádeo dos filmes caseiros do Costiña e a súa posterior dixitalización gracias ao CGAI, a Filmoteca de Galicia, fixo que se pensara na realización deste proxecto expositivo. Non obstante nas tarefas de investigación tivo como engadido a dixitalización das placas fotográficas conservadas polo arquivo da familia.

Beli Martínez, comisaria da exposición salienta: “é unha exposición baseada nunha serie de milagres, de descubertas que ninguén contaba con elas. Esa é a sensación que queremos transmitir coa exposición. Agardamos que este evento sirva de rechamo para atraer visitantes A Guarda e, tamén, que os guardeses desfruten e se sintan orgullosos dela”.

Proxecto Socheo chega aos 100.000 visionados

A canle de Youtube de Proxecto Socheo acaba de rebordar os 100.000 visionados. Nos cinco anos de existencia se subiron case de 400 videos.
Este contenedor de vídeos supón o arquivo audiovisual on-line máis importante que ten A Guarda. Están clasificados e ordenados por temáticas que engrosan as distintas listaxes de reprodución.
Desde Proxecto Socheo queremos volver a parabenizar a todos aqueles colaboradores que se sumaron dunha maneira desinteresada ao proxecto.
Beli Martínez, produtora de Proxecto Socheo, valora a traxectoria até o día de hoxe: “foi un traballo duro máis gratificante. Aínda que vai ser moi difícil agardamos continuar. Ao longo da nosa existencia temos espiñas cravadas como a non realización do proxecto de dixitalizar os fondos de Canal 50 mais quédome coas cousas boas, co coloboración e o apoio da xente, dos veciños da Guarda. Grandes”.