Arquivo da categoría: Anos 80

DESFILE DA FESTA DO MONTE (1983)

Filme serodio de Laxeiro. O derradeiro filme realizouno nun tardío 1983. Concretamente o motivo de filmación é o Desfile da Festa do Monte. Un sábado anubado onde as imaxes nun lucen tan espectaculares. As imaxes están descoidadas collidas desde o chan e desde un piso alto xusto en fronte do querido Cine Avenida. Alí está o templo do cinema na Guarda. Poucas imaxes hay del. Desde aquí a nosa sentida homenaxe.

DOCUMENTAL SOBRE A GUARDA (c.1989)

Coa presentación desta gravación dun documental sobre o Concello da Guarda poñemos punto final á mostra do Fondo Xabi Lomba. Es documental foi gravado dunha emisión de Canal50 e ten moitos indicadores de que foi unha obra videográfica para facer publicidade das pontencialidades da Guarda.

Proxecto Socheo está moi agradecido pola colaboración e que confiase en nós para mostrar este material. Aproveitamos a ocasión para reiterar un novo convite á veciñanza da Guarda e da bisbarra para dar a coñecer posibeis materiais audiovisuais que poden ficar polas casas.

DESFILE DA FESTA DO MONTE (1982)

Chegamos ao final do Fondo Milo Valterra con este espectacular documento sobre o Desfile da Festa do Monte do ano 1982. Aparecen grupos de música tradicional e bandas como a Negra, Os Perdidos, o Mau Mau, Roja, Os Naranjitos… Imperdible! Gracias a Emilio Baz Lomba por todo.

OS MAU MAU NA FESTA DO MONTE (1981)

Filme que segue á Banda do Mau Mau tanto no desfile como na romaría da Festa do Monte da Guarda do ano 1981. O Mau Mau era unha taberna situada perto do Concello e que os seus parroquianos decidiron formar unha banda mariñeira que se atopa entre as máis antigas.

OS PERDIDOS NA ROMARÍA DA FESTA DO MONTE (1981)

Segunda parte do filme sobre Os Perdidos, desta vez síguese á banda verde o domingo do Monte, pola romaría e a troulada. Estas imaxes pertencen ao Fondo Valterra e poden verse grazas á vontade e a colaboración de Emilio Baz Lomba.

Se ti tamén tes este tipo de películas (en Super 8 ou en vídeo) E queres colaborar ponte en contacto: proxectosocheo@gmail.com

LISTA DE REPRODUCCIÓN DE FILMES SOBRE O DÍA DO SEÑOR DA GUARDA

Nesta listaxe de reprodución podemos ver todos os filmes de Proxecto Socheo que abordan o Día do Señor (tamén chamado Santísimo ou Corpus) existe a tradición de decorar o chan das rúas por onde pasa a procesión con alfombras florais. Podemos ver filmes desde inicios da década dos 80 ate finais dos 90, imaxes en super8, en vídeo e reportaxes da televisión.