Arquivo da categoría: Anos 80

Balonmán: Guardés-Tirso de Molina (1985)

Estamos no Pavillón Municipal da Sangriña, é o 5 de maio de 1985 e xógase a fase de ascenso á segunda división nacional de balonmán (se lle facemos caso ao locutor da gravación), Xogan o Atlético Guardés e o Tirso de Molina. Media vila, nas gradas.

Pesca con rediñas (1980)

Imaxes espectaculares dunha filmación dunha xornada de pesca con rediñas. Xente da Guarda embarcada nunha gamela disponse alar unhas caseas de rediñas que estaban nas proximidades da costa, entre a boca do porto e As Loucenzas. Dentro do proceso de pesca vemos como empregan un rodillo de proa para alar as redes. Despois de facer unha selección do peixe dirinxense a porto cunhas fermosas imaxes da Guarda desde unha perspectiva pouco usual e tamén na Ribeira clarexando as redes. Este filme pódese ver gracias á colaboración con Proxecto Socheo de Jose Antonio Uris Guisantes.

CANDO A GUARDA FOI FRANCIA (1988)

Fragmento da película “Gallego” (1988), dirixida por Manuel Octavio Gómez. Nela hai unha secuencia onde O Puntal convértese na recreación dunha praia francesa que recollía refuxiados españois tras finalizar o conflicto da Guerra Civil Española, concretamente algunha das praias de Argeles Sur-Mer no Departamento de Montpellier. Nela podemos ver o actor principal do filme, Sancho Gracia, rodeado dunha chea de extras. Tamén dicir que a rodaxe desta secuencia neste paraxe foi unha contundente agresión contra o espazo dunar que caracteriza esta zona da foz do Miño.

Festa do colexio Manuel Rodríguez Sinde no Campo de Chans (1980)

Este película foi filmada na festa de Fin de Curso do Colexio M.R.Sinde en xullo de 1980. A Asociación de Pais non tiña onde poder celebralo e alugáronse uns autobuses de ATSA para levar os alumnos. Foi unha experiencia que non se volveu a repetir. O lugar de actividades foi o Campo de Chans, instalación deportiva que o Concello da Guarda ten nas faldas do Monte Santa Trega pola banda de Camposancos. Nestas imaxes vese o público congregándose nas gradas e no campo de terra do campo de fútbol e teñen lugar distintos bailes e xogos de carácter familiar.

Matanza do Porco (1980)

Imaxes dunha mataza de porco dun modo tradicional. As familias da Guarda simultaneaban a pesca coa agricultura e, ademáis, tamén tiñan animais onde sobre todo dominaban as cabezas porcinas xa que aportaban abondosa carne para diversificar a alimentación. O matarife chegaba á casa, a familia arrumbaba o cocho nun banco se lle clavaba un coitelo debaixo dunha pata. Tras desangralo se queimaba, limpábase e posteriormente se descuartizaba intentando aproveitar o máximo todo o corpo do animal.