Arquivo por etiquetas: José Antonio Uris Guisantes

A lembranza do ollar. O Proxecto Socheo, da man de Cultura Galega

Os amigos do Consello da Cultura Galega fixéronnos a honra de entrevistarnos, ir á Guarda e preparar esta peza sobre o Proxecto Socheo, dentro de A lembranza do ollar. Como non, tamén temos que dar as grazas a José Antonio Uris Guisantes, colaborador destacado desta iniciativa.

Advertisement

PROCESIÓN DO SEÑOR (1980)

Imaxes do “Día do Señor” na Guarda que vén sendo a celebración relixiosa do Corpus. A película foi feita por J. A. Uris no ano 1980 e recolle a tradición de facer alfombras florais polas rúas da Guarda para que pase a procesión.

Pesca con rediñas (1980)

Imaxes espectaculares dunha filmación dunha xornada de pesca con rediñas. Xente da Guarda embarcada nunha gamela disponse alar unhas caseas de rediñas que estaban nas proximidades da costa, entre a boca do porto e As Loucenzas. Dentro do proceso de pesca vemos como empregan un rodillo de proa para alar as redes. Despois de facer unha selección do peixe dirinxense a porto cunhas fermosas imaxes da Guarda desde unha perspectiva pouco usual e tamén na Ribeira clarexando as redes. Este filme pódese ver gracias á colaboración con Proxecto Socheo de Jose Antonio Uris Guisantes.

Así es Galicia (1964)

Fragmento do documental titulado Así es Galicia (1964), “centrada nun percorrido, como o título indica, pola nosa xeografía, costumes e folclore, foi unha produción de Leda Films dirixida polo madrileño Santos Núñez, un documentalista de longa experiencia que neste caso non pareceu valerlle de moito, se atendemos a inanidade dunha realización polo demais ateigada de tópicos”. Nogueira, Xosé: O cine en Galicia, a Nosa Terra, Vigo, 1997, p.289.

Imaxes cedidas ao Proxecto Socheo por José Antonio Uris Guisantes. Graciñas!