Arquivo por etiquetas: 1988

AUTOCROSS NO VISO (1988)

Autocróss no Viso o 29 de maio de 1988, se nos fiamos do chivato da cámara. Este vídeo de deportes é un dos máis vistos no canle de youtube do Proxecto Socheo.

Advertisements

CANDO A GUARDA FOI FRANCIA (1988)

Fragmento da película “Gallego” (1988), dirixida por Manuel Octavio Gómez. Nela hai unha secuencia onde O Puntal convértese na recreación dunha praia francesa que recollía refuxiados españois tras finalizar o conflicto da Guerra Civil Española, concretamente algunha das praias de Argeles Sur-Mer no Departamento de Montpellier. Nela podemos ver o actor principal do filme, Sancho Gracia, rodeado dunha chea de extras. Tamén dicir que a rodaxe desta secuencia neste paraxe foi unha contundente agresión contra o espazo dunar que caracteriza esta zona da foz do Miño.