Capítulo da serie “Ríos de Portugal” dedicado ao río Miño, concretamente ao tramo internacional con protagonismo da beira portuguesa. Serie documental realizada pola RTP no ano 1983 e estaba inspirada na española “Los ríos” que se emitiu nunha primeira quenda entre os anos 1974 e 1975.
Segunda entrega do Fondo Bixurro e ímonos ao 1976 a pasar unha xornada de praia nos Muíños. Interesante ver a indumentaria e o equipamento praiero daquela época e disfrutar dunha vista de Portugal e da foz do Miño.
Episodio da serie documental “Horizontes da memoria” realizado para a RTP e presentada polo Profesor José Hermano Saraiva. Neste capitulo titulado “Navegação polo Minho” o seu conductor entra navega polas augas do Miño falando das relacións fronteirizas, visitando Seixas, unha pirotecnia enrriba de petroglifos, a Ilha dos Amores, a Boega e remata o seu percorrido en Vilanova de Cerveira.
Episodio da serie documental “Horizontes da memoria” realizado para a RTP e presentada polo Profesor José Hermano Saraiva. Neste capitulo titulado “Alí começa Portugal” o seu conductor entra na Insua do Miño, percorre as rúas de Caminha, sube até São João da Arga e chega até Vilanova de Cerveira.
Fragmento do programa da serie de televisión Un país en la mochila, producida por RTVE no ano 2000, presentado polo cantautor José Antonio Labordeta. Este episodio está dedicado á bisbarra do Baixo Miño e concretamente estas imaxes son as pertencentes ao Rosal.
A bisbarra do Baixo Miño a vista de páxaro. Fragmento da serie documental A vista de pájaro producida pola RTVE, concretamente do capítulo dedicado á provincia de Pontevedra. Nestas imaxes vemos vistas aereas das localidades de Tui, O Rosal, A Guarda e Oia.
Pablo Lomba, un colaborador estreito de Proxecto Socheo, proporcionounos este vídeo escolar feito por el e outros compañeiros do Instituto dos Somascos da Guarda. Nel recollese unha das tradicións máis espectaculares do Baixo miño que é erguer o arco floral de San Xoán de Tabagón que se prepara agora por estas altura do ano.
Jairo Alonso González cóntanos máis detalles polo miudo: “La voz de David Nùñez claramente. Es de un trabajo en grupo en la que cada grupo realizábamos una especie de documental sobre el temario que nos tocaba y lo exponíamos en clase, para el profesor Padre Vidal. Para la asignatura de Cultura Clásica creo recordar. Por el año 2005 o 2006”.
Extracto da conversa que tivo Manoel de Oliveira con Antonio Tabucchi na Cinemateca Francesa de París no ano 2008. Neste fragmento fala da súa educación católica e concretamente da súa entancia no colexio xesíta da Pasaxe.
“Aires de mi tierra” é unha curtametraxe en cor do ano 1958, dirixida por Alberto Conde. Unha produción realizada ao abeiro do NODO onde se da conta do regreso dun emigrado a Galicia. Na viaxe por Galicia enfía distintos sitios emblemáticos, tamén da Guarda, onde destaca a cima e as vistas desde o Trega.
Nova gravación coa vinculación mariñeira da Guarda. Fragmento dun NODO que fai referencia á “Botadura del Oltrane en La Guardia”. Unha reportaxe realizada en 1965 que leva a sinatura de 1172-A e ten unha duración de 49 metros. Nesta película recóllese a botadura dunha carabela nos asteleiros de Joaquín Castro na Pasaxe. O destino, o Río Miño e o Atlántico…