Arquivo da categoría: Os Muíños

TARDE DE INVERNO NA PRAIA DOS MUÍÑOS (1976)

Cuarta entrega do Fondo Bixurro e nela podemos ver unha escena familiar (con continuos desenfoques) no aparcamento da praia dos Muíños e cun resol propio dunha tarde de inverno. Os rapaces teñen moitos xoguetes, será o Día de Reis?

Advertisements

NA PRAIA DOS MUÍÑOS (1976)

Segunda entrega do Fondo Bixurro e ímonos ao 1976 a pasar unha xornada de praia nos Muíños. Interesante ver a indumentaria e o equipamento praiero daquela época e disfrutar dunha vista de Portugal e da foz do Miño.