Filme familiar de Raúl González onde recolle unha travesía polo río Miño. Cunha lancha recorre as morraceiras da Canosa, fai unha panorámica entre Seixas, Camiña e a ínsua para finalmente rematar cun baño na Lamiña.
Arquivo da categoría: A Pasaxe
PASEOS POLA PASAXE (1973)
Visita ás docas da Pasaxe onde podemos ver as vistas a ras das augas do Miño, con Portugal ao fondo. Vemos as distintas embarcacións que navegaban por este curso do río: gamelas e barcos que gardan a quenda para ir ao carro.
A PASAXE CO OLATRANE FONDEADO (1965)
Película pertencente ao Fondo Ramón Martínez. Nela recóllense unhas imaxes da Pasaxe en xullo de 1965 nas que aparece a nao Olatrane fondeada diante dos muelles. Grazas a Luis A. Martínez Sobrino e a Ana Martínez.
CAPELA DE SAN XOSÉ DOS P.P. XESUÍTAS DA GUARDA
A ollada de Ricardo Dorado detense noutro espazo de valor histórico, pero infelizmente hoxe esquecido e abandonado: a capela de San Xosé, situada nas inmediacións do colexio xesuita da Pasaxe.
SALTO NO TEMPO… NO COLEXIO XESUÍTA DA PASAXE
Aí continua esquecido un dos edifícios mais importantes do último tramo do rio Miño. Un salto no tempo entre o onte e o hoxe que dalgunha maneira sintetiza os milleiros de historias persoais que albergan eses muros e paredes.
MANOEL DE OLIVEIRA CITA A GUARDA NA CINEMATECA FRANCESA (2008)
Extracto da conversa que tivo Manoel de Oliveira con Antonio Tabucchi na Cinemateca Francesa de París no ano 2008. Neste fragmento fala da súa educación católica e concretamente da súa entancia no colexio xesíta da Pasaxe.