Desfeita da Festa do Monte do ano 1990, do Montiño até a Alameda cun grande protagonismo da Banda Roja. Os seus compoñentes están dándoo todo.
Desfeita da Festa do Monte do ano 1990, do Montiño até a Alameda cun grande protagonismo da Banda Roja. Os seus compoñentes están dándoo todo.
Desfile, Romaría e, agora, Desfeita. O final da romaría da Festa do Monte do ano 1994. A ver se atopades a algún coñecido. Un vídeo gravado dunha emisión de C50.
Gravación en vídeo do Desfile da Festa do Monte do ano 1998. Unha edición marcada pola néboa. Video-colaboración feita por Iván Fernández.
Chegamos ao final do Fondo Milo Valterra con este espectacular documento sobre o Desfile da Festa do Monte do ano 1982. Aparecen grupos de música tradicional e bandas como a Negra, Os Perdidos, o Mau Mau, Roja, Os Naranjitos… Imperdible! Gracias a Emilio Baz Lomba por todo.
A Banda Roja no Desfile da Festa do Monte do ano 1981. Últimos metros do percorrido da Banda Roja xusto antes de chegar ao final do porto. E coa curiosidade de que teñen un toque distinto ao actual.
Segunda parte do filme sobre Os Perdidos, desta vez síguese á banda verde o domingo do Monte, pola romaría e a troulada. Estas imaxes pertencen ao Fondo Valterra e poden verse grazas á vontade e a colaboración de Emilio Baz Lomba.
Se ti tamén tes este tipo de películas (en Super 8 ou en vídeo) E queres colaborar ponte en contacto: proxectosocheo@gmail.com
Proxecto Socheo dá a coñecer este filme do Fondo Valterra onde se fai un monográfico sobre a Banda dos Perdidos durante o Desfile da Festa do Monte no ano 1981.
Esta semana comeza a Festa do Monte en Proxecto Socheo. Haberá moitas sorpresas. Até a segunda semana de agosto iremos subindo novas e espectaculares incorporacións.
Todos os vídeos subidos até o de agora podes atopalos na seguinte lista de reprodución. Lembra que podes aportar os teu videos, da igual que sexa feito en Super8 ou cun mobil. Contacta e colabora: proxectosocheo@gmail.com
Nova gravación das Festas do Monte da Guarda e novas imaxes de José Quintas Núñez. Trátase dunha perspectiva no porto no final do Desfile, aló polo 1976.
José Quintas Núñez fixo unha serie filmes a finais da década dos 70. A parte de recoller escenas familiares tamén estivo atento a recoller costumes e paisaxes daquela altura.
Vídeo da Banda Negra rematando o desfile do sábado na Festa do Monte no ano 1998, preto xa do Porto guardés. A Banda Negra, a máis antiga, e a que desfila tradicionalmente como primeira de entre as bandas mariñeiras.
Xa que as Festas do Monte 2014 se aproximan, dende o Proxecto Socheo recomendamos o visionado dos nosos arquivos sobre a celebración.