Arquivo por etiquetas: fondo Zapico

Zapico: a historia dun fracaso

Eran moitas as esperanzas depositadas no fondo de Jesús Zapico. Sabiamos da complexidade de acceder a esta colección sobre todo polo volume de filmes e, por en riba de todo, pola súa localización: estaban en Suíza. Proxecto Socheo era consciente da dificultade mais sabíamos que había que teimar porque a recompensa podía ser maiúscula. Todos estes esforzos caerían en saco roto se desde o principio non contásemos co total apoio de Zapico e a súa familia que sempre miraron con bos ollos esta recuperación. Por iso non podemos dicir outra cousa que: moitas grazas!

U-lo problema, u-lo o fracaso? Desde os comezos de Proxecto houbo unha serie de películas que ficaron sen catalogar coa información máis salientable: data e, sobre todo, autoría. Eran copias de filmes de pouca calidade. Sabíamos do valor do seu contido e tíñamos a esperanza de atopar as orixinais. Estas películas eran dos primeiros anos da década dos 70 e que tiñan que ser feitas por unha persoa de fora da Guarda mais achegada por algún motivo.

A procura foise estreitando e por distintas persoas que saen nas imaxes todo emprounos a Jesús Zapico. Tras varios anos na procura puidemos afrontar a tarefa de dixitalizar as películas. E aquí queremos dar as grazas aos nosos parceiros Piueiro e O Faiado da Memoria.

Tíñamos a esperanza de atopar as alfaias mais os sendeiros se bifurcan de maneira caprichosa. A idea era atopar esta espectacular troulada da Festa do Monte:

As imaxes aparecen englobadas nesta Festa do Monte de 1973:

Dito esto vemos como hai quer correxir a data, pasar do ano 1975 ao 1973. Este dato é importante porque esta película vólvese nun dos primeiros filmes sobre a Gesta do Monte.

Mais esta dúbida sobre a autoría tamén se agocha nun dos filmes máis sobranceiros de todos os arquivos que ten Proxecto Socheo: Descargando sardiñas do xeito:

Estas imaxes non apaeceron. A perspectiva das imaxes é dunha persoa de fora que aborda unha actividade económica con singularidade local, imaxes sacadas desde o varadoiro ou desde o Muelle alto, unha escena onde se recolle unha manifestación máxima da comunidade de axudar na explotación colectiva dun recurso e, por en riba, a actividade que sustentaba a familia dos Moreu.

Malia as ansias e a investigación exhaustiva estas imaxes non apareceron. Até o de agora. Aínda temos a confianza de que apareza en maior calidade e con novas imaxes. Mais ficamos co que nos proporcionou este fracaso que foi a autoría destas imaxes: a de Jesús Zapico.