Arquivo da categoría: Arredores

O Curro da Valga (anos 90)

Outra gravación de curros. Filme caseiro feito en vídeo no que se rexistra unha visita familiar ao curro da Valga, Concello de Oia, Serra da Groba. A gravación pode situarse a comezos da década dos anos 90.

Esta viaxe pódese facer grazas a Iván Fernández que nos cedeu as imaxes. Se queres colaborar, contacta: proxectosocheo(arroba)gmail.com

ALÉN DA SERRA DA GROBA (1969)

Nova gravación do Proxecto Socheo con curros no Baixo Miño

Imaxes do inicio do filme “Más allá del río Miño”, dirixida por Ramón Torrado en 1969. Imaxes documentais puntuadas con ficción no que se filma o curro de Torroña, na Serra da Groba, no Concello de Oia.

 

CABALOS SALVAXES EN TORROÑA (1952)

“Caballos salvajes en el curro de Torroña” é un fragmento dun NODO do ano 1952 que leva por sinatura 496-B e ten un duración de 30 metros. Unha reportaxe que se centra por primeira vez nun dos curros que acontecen na Serra da Groba. Un motivo espectacular ao que se recurriría varias veces máis. Gran documento de especial interese para os veciños do concello de Oia e os amantes da natureza.

Danos en Mougás tras un temporal (1979), de José Quintas

Espectaculares imaxes dos danos causados por un temporal no inverno do ano 1979 en Mougás, Concello de Oia. José Quintas Núñez foi quen tirou estas imaxes que se suman a outros numerosos arquivos que xa saíron á luz no Proxecto Socheo.

 

Subida ao Monte Galiñeiro 1978), de José Quintas

Paseo polas cumbres da Serra do Galiñeiro no 1978 da man de José Quintas, quen recolleu as súas wespectaculares vistas. José Quintas Núñez fixo unha serie filmes a finais da década dos 70. A parte de recoller escenas familiares tamén estivo atento a recoller costumes e paisaxes daquela altura.