Espectaculares imaxes dos danos causados por un temporal no inverno do ano 1979 en Mougás, Concello de Oia. José Quintas Núñez foi quen tirou estas imaxes que se suman a outros numerosos arquivos que xa saíron á luz no Proxecto Socheo.
Espectaculares imaxes dos danos causados por un temporal no inverno do ano 1979 en Mougás, Concello de Oia. José Quintas Núñez foi quen tirou estas imaxes que se suman a outros numerosos arquivos que xa saíron á luz no Proxecto Socheo.
Paseos por Eiras no 1977 e na ribeira do río Miño a altura do Forno do Duque no ano 1979. . José Quintas Núñez fixo unha serie filmes a finais da década dos 70. A parte de recoller escenas familiares tamén estivo atento a recoller costumes e paisaxes daquela altura.
Filme de José Quintas no que recolle un concerto rock que se organizou no ano 1979 na sala de festas da Guarda Funchi2. Nela aparecen 4 grupos que levan por nome Kripton, Sal y pimienta, Bravos Revival e Alcohol79.
Película da manifestación, corresponde á xornada de mobilización – convocada pola Unión Sindical Local de CC.OO. – Comisións Mariñeiras – contra á Administración central española – daquela gobernaba a UCD, de Adolfo Suárez -, pola aplicación, por parte de Portugal, da protección dos seus caladoiros, de tal xeito que á flota de A Guarda, que viña faenando na plataforma continental de Portugal, tivo que deixar de face-lo e a partires diso, sair á procura de novos caladoiros, no banco canario sahariano. Esta manifestación tivo lugar no ano 1979. Comezou na Praza do Reló, percorreu a actual rúa de Galicia e baixou Concepción Arenal até o Porto. Segundo recollen as imaxes houbo unha gran asistencia de xente, todo o pobo movilizouse para reclamar ás autoridades españolas defensa da súa importante flota pesqueira.
O documento é unha contribución de Ricardo Rodríguez ao Proxecto Socheo.