Arquivo por etiquetas: Anos 90

ESTREA DO DOCUMENTAL “ESCOLA DE XADREZ” SOBRE O CLUB ALBATROS DA GUARDA

Este documental foi feito por iniciativa de Proxecto Socheo en colaboración co Club de Xadrez Albatros da Guarda. A idea de facer este filme documental foi de Daniel Lomba, antigo responsable de formación de Albatros mais tamén participaron Xurxo Chirro na edición e Alfonso Vicente na imaxe gráfica.
Fai unha década fixérase unhas gravacións para ilustrar unha comunicación nun congreso de psicoloxía deportiva. Esas imaxes nunca viran a luz pública. Case unha década despois volveuse a traballar sobre esas imaxes. Os contidos científicos intentáronse manipular para facer unha homenaxe ao club Albatros.
A manipulacións consistiu en facer unha panorámica ampla de como estaba organizado o Albatros fai unha década e mostrar a todos os axentes que nel confluían.O Albatros é unha institución deportiva da Guarda que posúe unha dilatada traxectoria. Desde Proxecto Socheo queremos felicitar a súa labor e desexar que a súa actividade continúe por moitos anos.

Advertisement

LISTA DE REPRODUCCIÓN DE FILMES SOBRE O DÍA DO SEÑOR DA GUARDA

Nesta listaxe de reprodución podemos ver todos os filmes de Proxecto Socheo que abordan o Día do Señor (tamén chamado Santísimo ou Corpus) existe a tradición de decorar o chan das rúas por onde pasa a procesión con alfombras florais. Podemos ver filmes desde inicios da década dos 80 ate finais dos 90, imaxes en super8, en vídeo e reportaxes da televisión.

NUEVO CEDES (cap.12): PREPARANDO UN NOVO LANCE

Na nosa canle de youtube continuamos subindo contidos.

Presentamos a videobitácora do Nuevo Cedes, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todo peixe espada e marraxos. O que vemos é un diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo. Unhas gravacións feitas no ano 1997.

Lembramos que videobitácoras son uns diarios de abordo realizados durante distintas marés, Un fenómeno audiovisual guardés case desocoñecido ao que o Proxecto Socheo contribuíu a dar relevancia.

NUEVO CEDES (cap.1): XANTAR

Nova videobitácora en Proxecto Socheo, a videobitácora do Nuevo Cedes, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todos peixe espada e marraxos. O que vemos é un diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo. Unhas gravacións feitas no ano 1997. Máis no noso youtube.