
Arquivo por etiquetas: Mar


FINAL DA VIDEOBITÁCORA DO NUEVO CEDES
O Nuevo Cedes chegou a porto. En Proxecto Socheo puidemos disfrutar da singladura deste barco da Guarda dividida en 19 entregas.
As videobitacoras son os achádegos máis especiais de Proxecto Socheo porque grazas a estas gravacións os mariñeiros da Guarda consiguen a visibilidade dentro da comunidade que pola natureza do seu traballo foilles tradicionalmente negada.
Proxecto Socheo xa está a traballar noutras videobitacoras mais se tes gravacións na casa e queres colaborar connosco ponte en contacto en proxectosocheo@gmail.com
Podes ver toda a videobitacora nesta lista de reprodución.
NUEVO CEDES (cap.12): PREPARANDO UN NOVO LANCE
Na nosa canle de youtube continuamos subindo contidos.
Presentamos a videobitácora do Nuevo Cedes, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todo peixe espada e marraxos. O que vemos é un diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo. Unhas gravacións feitas no ano 1997.
Lembramos que videobitácoras son uns diarios de abordo realizados durante distintas marés, Un fenómeno audiovisual guardés case desocoñecido ao que o Proxecto Socheo contribuíu a dar relevancia.
DE BISSAU Á PASAXE – de Ricardo Dorado
Nova entrega de Socheo Educativo…
O alumno Ricardo Dorado conseguiu filmar o momento en que o barco “Orca”, con bandeira da Guiné-Bissau, era remolcado polo río Miño nas proximidades da Pasaxe, en Camposancos.
Exercicio II – Minutos Lumière
Tras un sinxelo achegamento teórico ao papel da imaxe e das súas representacións ao longo da historia, detivémonos no xurdimento do cinema a finais do século XIX. Despois de visionar e comentar as primeiras obras filmadas polos Lumière propuxemos que o alumnado realizase, usando os aparellos que tivesen a man (mobiles ou cámaras), unha gravación cun plano fixo de aproximadamente un minuto. Así como fixeron os irmáns franceses, os estudantes capturarán nestas pezas anacos da sua propia cotidianidade: xente, espazos, paisaxe, etc.
NUEVO CEDES (cap.1): XANTAR
Nova videobitácora en Proxecto Socheo, a videobitácora do Nuevo Cedes, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todos peixe espada e marraxos. O que vemos é un diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo. Unhas gravacións feitas no ano 1997. Máis no noso youtube.
Homenaxe ao Club de Remo Robaleira da Guarda
Vídeo-clip feito sobre o himno do C. R. Robaleira. Unha canción composta por Anxo Baz e interpretada polo cantautor guardés Tino Baz co gallo da celebración do 25 aniversario da súa fundación (1989-2014). As imaxes foron recollidas de vídeos colgados en Youtube polo que agradecemos a todos os seus autores. Un documentos que axudaron e moito en facer un sentido homenaxe á traxectoria desta institución deportiva guardesa.
Parabéns Robaleira!
ROBALEIRA NO CAMPIONATO GALEGO DE BATEIS NA CORUÑA (2000)
Máis imaxes de arquivo de deporte. O Clube de Remo Robaleira da Guarda participando no Campionato de Bateis de Galicia do ano 2000 celebrado o 23 de abril na Coruña.
Pola Guarda (1969)
Novo tesouro do Proxecto Socheo extraído dun NO-DO. Fragmento do noticiario “Por las Rías Bajas” de 80 metros realizado por los operadores J. M. de la Chica e Carlos Rodríguez. Concretamente forma parte da sección “Páginas en color” do noticiario 1446-A que se proxectou por primeira vez o 21-09-1970.
BOTADURA DO OLATRANE NOS ASTELEIROS DA PASAXE (1965)
Nova gravación coa vinculación mariñeira da Guarda. Fragmento dun NODO que fai referencia á “Botadura del Oltrane en La Guardia”. Unha reportaxe realizada en 1965 que leva a sinatura de 1172-A e ten unha duración de 49 metros. Nesta película recóllese a botadura dunha carabela nos asteleiros de Joaquín Castro na Pasaxe. O destino, o Río Miño e o Atlántico…
Comparativa de dúas descargas de sardiñas con corenta anos polo medio
Outra vía de traballo no Proxecto Socheo. Poñemos en colisión dúas películas que tratan o mesmo tema, a descarga de sardiñas no porto da Guarda, e que teñen unha diferencia de 40 anos. Con este diálogo aparecen significados e novas apreciacións altamente enriquecedoras para o usuario de Proxecto Socheo. Este tipo de lectura é a que se ten que dar nun arquivo como proxecto socheo. Ver dintintas imaxes de distintos tempos e ver as diferencias e similitudes. En definitiva, ver, con nitidez, o paso do tempo.