A nosa canle de youtube é o mellor xeito de visualizar os arquivos que recuperamos e creamos. Porén, aquí están algunhas das nosas listas de reprodución e algúns destacados.
1. Imaxes Históricas
Documentos audiovisuais de distintas épocas, desde o cinema silente até a actualidade. Un repaso á historia do último século da Guarda por medio dos distintas gravacións.
2. Xente
Testemuños de habitantes da Guarda que rememoran o pasado. Documentos audiovisuais centrados sobre todo na oralidade dos seus protagonistas.
3. Costumes
Grabacións que recollen distintas tradicións que perduran aínda hoxe na Guarda. Un modeos de comportamento humano relativos a eventos relixiosos, conductas sociais ou tradicións repetidas no paso do tempo.
4, Espazos
Lugares da Guarda que teñen un especial significado. Escenarios nos que houbo unha especial encrucillada espazo temporais. Contentores de estratos de significados sedimentados polo paso do tempo.
5.Polo Mundo
A Guarda tamén vai coas súas xentes. Os guardeses viaxan por todo mundo, algunhas veces por pracer mais a súa maior parte na procura de traballo.
6. Oficios
O traballador grávase ou é gravado nas súas tarefas diarias. A Guarda destaca sobre todo por estar volcada ao mar (e ao río).
7. Monumentos
Restos significantes do pasado que chegaron ata nós. Construcións humanas que condensan o paso do tempo e as distintas etapas máis brillantes da Historia da Guarda.
9. De Cinema
Sección onde se recollen as filmacións de cinema comercial que optarón por ter como localizacións A Guarda e arredores.
10. Deportes
Gravacións deportivas.
11. Arredores
O Proxecto Socheo está aberto máis alá da Guarda e o Baixo Miño, esta sección está encamiñada a ampliar os limites do Socheo.
12. Entrevistas
Conversas con xente da Guarda que ten algo interesante que contar.
Vídeo Fox
Videobitácora realizada polos mariñeiros do Tania-María, palagreiro do espada da Guarda.
José Quintas Núñez Films
José Quintas Núñez é un cineasta afeccionado da Guarda que na segunda metade da década dos ano 70 fixo filmes caseiros recollendo imaxes en toda a bisbarra do Baixo Miño e do Val Miñor.
Costa do Ceo
A videobitácora do Costa do Ceo, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todo peixe espada e marraxos. O que vemos é un diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo.
Playa de Somo
Sección onde se recollen as cinco partes das que consta a gravación dunha maré do Playa de Somo con científicos a bordo para estudiar a pescaría.
Vídeos destacados
A lenda de Breogán
A Lenda de Breogán é unha curtametraxe que se realizou no curso 1984-1985, no Instituto A Sangriña. Nela implicáronse un grupo de alumnas e alumnos de primeiro de BUP daquel ano, animados e coordinados polo docente de lingua e literatura galegas Alberte de Esteban “O Roxo”.
Na Lenda de Breogán aproveitáronse os escenarios naturais que ofrece a zona (monte Santa Trega, A Pasaxe, ponte do Tamuxe, O Codesal) para pór en imaxes un relato orixinal de Vicente Risco sobre o caudillo celta.
Manuel Domínguez Pacheco “Taxota”
A Guerra Civil española contada por un dos seus protagonistas: Manuel Domínguez Pacheco, máis coñecido como o “Taxota”. Relato sobre as vivencias na contienda con especial incidencia nos primeiros días do sublevación nacional na Guarda onde fusilaron, entre outros, a dous irmáns seus. Estas imaxes corresponden aos descartes do documental “Memorial de Camposancos” (2008), dirixido por Miguel Anxo Fernández e Pepe Ballesta. Agradecementos a SDVideo e a Furancho Films.
Neve 1987
En xaneiro de 1987 aconteceu a última nevarada importante que se lembra na Guarda. A media mañá unhas amenazadoras nubes comezaron a descarregar flocos de neve. Un fenómeno climatolóxico inesxperado e estraño que colleu aos rapaces na escola. Uns deles colleu unha cámara de vídeo e comezou a grabar un feito tan sorprendente. Eran do Instituto da Sangriña. Nas súas imaxes se recollen toda a algarabía que houbo nesas horas pola zona de Peraños e na Alameda.
Treboada 2010. Homenaxe aos fundadores
Documental que afonda na orixe das Bandas Mariñeiras da Festa do Monte. No ano 2010 produciuse un feito especial que foi una espectacular Treboada onde tralo desfile do Sábado do Monte xuntáronse no varadoiro do porto da Guarda as bandas existentes na actualidade para rendir homenaxe aos fundadores da Banda Negra, en especial, ao Santamaría. Unha ambiciosa produción audiovisual resolta con gran calidade técnica por Baixo Miño Estudios.
Espadeiro guardés Lecio faenando
Un barco da espada con mariñeiros guardeses na súa tripulación achégase ao porto de Cidade do Cabo en Sudáfrica. Nestas imaxes podemos ver as moniobras de aproximación ao porto entre un denso tráfico marítimo. Posteriormente vemos unha secuencia de largado de palangre.