Nova gravación do Proxecto Socheo con curros no Baixo Miño
Imaxes do inicio do filme “Más allá del río Miño”, dirixida por Ramón Torrado en 1969. Imaxes documentais puntuadas con ficción no que se filma o curro de Torroña, na Serra da Groba, no Concello de Oia.
“Montañas de la sierra de la Groba. Curro de Mougás” é un fragmento do NODO de 1956 que leva por sinatura 705-B e ten unha duración de 29 metros. Nel recóllense o curro de Mougás, un motivo cinematográfico que fai gala dunha grande espectacularidade.
“Caballos salvajes en el curro de Torroña” é un fragmento dun NODO do ano 1952 que leva por sinatura 496-B e ten un duración de 30 metros. Unha reportaxe que se centra por primeira vez nun dos curros que acontecen na Serra da Groba. Un motivo espectacular ao que se recurriría varias veces máis. Gran documento de especial interese para os veciños do concello de Oia e os amantes da natureza.
Espectaculares imaxes dos danos causados por un temporal no inverno do ano 1979 en Mougás, Concello de Oia. José Quintas Núñez foi quen tirou estas imaxes que se suman a outros numerosos arquivos que xa saíron á luz no Proxecto Socheo.
Filme sobre o curro e Torroña en Oia feito no ano 1977. José Quintas Núñez fixo unha serie filmes a finais da década dos 70. A parte de recoller escenas familiares tamén estivo atento a recoller costumes e paisaxes daquela altura.
Fragmento do filme “A velocidade funda o esquecemento”, do director arxentino Marcelo Schapces. Coprodución entre Arxentina e España que tivo como escenarios o Baixo Miño, especialmente Oia e Tui.
Fragmento do filme “Esa mujer”, dirixida por Mario Camus no ano 1969, onde se ve a súa actriz protagonista, Sara Montiel, recoller percebes nas rochas da costa de Oia.
Fragmentos do filme “Esa mujer”, dirixida por Mario Camus no ano 1969. O filme foi protagonizado pola actriz Sara Montiel e empregou como localización, entre outras, o Concello e Oia, concretamente o seu mosteiro cisterciense.
Estreamos a sección ARREDORES para ampliar un pouco máis o campo de acción de Proxecto Socheo! Comezamos cun especial paseo polas entrañas do Mosteiro de Oia. Único mosteiro cisterciense ao carón do mar que na Guerra Civil foi campo de concentración. Monumento histórico de grande importancia en penoso estado de conservación! Gracias a Constante Rodríguez por facilitar o vídeo!.
Trátase dun singular percorrido polo Mosteiro de Oia, un dos monumentos máis importantes da bisbarra do Baixo Miño. Nel subiremos ate o campanario, deambularemos pola claustro e finalmente remataremos na igrexa onde o pobo de Oia está a celebrar unha festa.