logotipo-a-guarda-sangrinhasocheo

Socheo Educativo

Socheo Educativo é un man a man entre o IES A Sangriña e o Proxecto Socheo, onde as protagonistas son as gravacións realizadas polo alumnado do Instituto público da Guarda. Co apoio do IES da Sangriña, o Proxecto Socheo está a potenciar o carácter pedagóxico do uso das imaxes.

O IES A Sangriña da Guarda recibiu en outubro de 2014 o Premio de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte por apoiar e desenvolver o Proxecto Socheo. Este galardón recoñece aos centros educativos españois que fomenten a alfabetización audiovisual por medio de proxectos que se materialicen na implantación de experiencias educativas, actividades complementarias, materiais curriculares e de apoio, así como todos os traballos innovadores que contribúen a achegar o audiovisual ao alumnado.

Proxecto Socheo recibiu o recoñecemento na modalidade de secundaria. O xurado indicou a enorme capacidade de Proxecto Socheo para valorar o medio audiovisual e de polo a dialogar coa comunidade. Segundo indicaron “recupera a memoria audiovisual dun lugar, un barrio e un oficio a través de métodos tan sinxelos como efectivos e cinematográficos”.

O Socheo Educativo farase eco do traballo no centro de ensino desenvolvendo seccións que engrosarán os distintos traballos e execicios feitos polos alumnos. Tamén neste apartado do blog subiranse fotos que reflicten este proceso didáctico e material de apoio nas aulas.

Esta é a lista de reproducción das pezas creadas en Socheo Educativo.