Equipo

O Proxecto Socheo é unha iniciativa compartida que quere localizar, estudar, inventariar e dar a coñecer as imaxes que foron gravadas na Guarda e no Baixo Miño, co obxectivo de salvagardar un patrimonio audiovisual local e proxectalo, sen restricións, cara o mundo.

As tradicións, o mar e os mariñeiros, o agro, a emigración, o turismo e, sobre todo, o día a día  teñen o seu reflexo nestas imaxes.

Non nos limitamos ao pasado e apostamos por impulsar, dun xeito activo, a inquietude polo audiviosual na nosa zona.

Se queres colaborar ou porte en contacto connosco podes atoparnos en proxectosocheo(arroba)gmail.com, twitter facebook ou no youtube , onde subimos moitos dos nosos arquivos.

Equipo técnico

Xurxo González (Director)

Licenciado en Historia da Arte pola Universidad de Santiago de Compostela e Doutor en Historia del Arte pola UNED.

Crítico de audiovisuais en revistas e xornais (Tempos Novos, Cahiers du Cinéma-España, Madrigal, Quintana, Pontenova, Ag, Faro de Vigo, A Peneira), asesor e analista audiovisual, documentalista e catalogador en arquivos audiovisuais de RTVE-G, coordinador do libro Manoel de Oliveira para o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), investigador para o Consello da Cultura Galega e para a USC, Profesor no Máster de Conservación do Patrimonio (USC), traballou para o Instituto Cesing, creador de contenidos da Axencia Audiovisual Galega (AAG), coordinador das plataformas na rede de Teutubo, Flocos.tv e Canletv, asesor técnico nas comisións á producción audiovisual da Xunta de Galicia (2007-2012), traballa para o AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), comisionado do ICAA do Ministerio de Cultura (2010-2011), programador galego do Filminho: Festa do Audiovisual Galego e Português (2008-2010), guionista e realizador co alcume de Chirro (Argazo, 2005, Os señores do vento, 2008, 36/75, 13 pozas, 2009, Cellular Movie, 2010,  Vikingland, 2011, Une histoire seule, 2013).

Para máis información podes consultar a web personal.

Beli Martínez (Produtora)

Licenciada en Comunicación Audiovisual e en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo ten traballado como produtora de diferentes longametraxes como “Arraianos” dirixida por Eloy Enciso ou “Vikingland” de Xurxo Chirro.

Na actualidade, compaxina a produción audiovisual coa docencia na universidade como profesora Asociada na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra onde imparte as materias de Teoría e técnica do documental e Produción de ficción e onde desenvolve a súa tese en torno ao cinema de non ficción en Galicia.

Luís Cividanes (Comunicación)

Profesor na especialidade de Procesos Comerciais no CIFP Fontecarmoa de Vilagarcía, imparte módulos nos eidos da comunicación e o márketing.

Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, DEA en Ciencia Política e posgraduado en Gabinetes de comunicación pola Universidade de Santiago.

Traballou e colaborou en distintos gabinetes de comunicación e organización de eventos de empresas, institucións e iniciativas culturais e sociais (Trevisani, Nós Comunicación, LITVI Encontro Internacional de Literatura Histórica, Premios María Casares de Teatro, Desconcierto Cultural, Fórum Gastronómico de Santiago e A Coruña, Fairway Forum do Camiño de Santiago, entre outros). Foi consultor autónomo en Estrategia Local SA e tamén pasou por distintos medios (Atlántico Diario, Radio Galega, Área 11).

Gustavo González (Historiador)

Licenciado en Historia pola USC, titulado en Lingua Portuguesa pola Escola de Idiomas.

Asesor da Axencia de Turismo Español en São Paulo, responsable da Oficina transfronteiriza Galicia-Portugal de Tui, Fundador da Mostra de Teatro Amadorista do Baixo Miño, asesor na reforma Espazo Fortaleza de Tomiño.

Hugo Lage (Colaborador)

Xerente de Buguina, Turismo Cultural, Educación e Interpretación de Patrimonio. Técnico superior en Guía, Asistencia e Información Turística, Director de Tempo Libre, Formador da Axencia Española de Erasmus+ e Informador Xuvenil.

Colabora na organización do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (A Guarda, 2019), en representación de Proxecto Socheo na Asociación Piueiro.

IES A SANGRIÑA (Colaborador)

Instituto de Ensinanza Secundaria do Concello da Guarda. Proxecto Socheo colabora coa dirección e profesores do centro proporcionándolles material, propoñendo activitades e participando en iniciativas onde o mundo audiovisual está moi presente.

3 opinións sobre “Equipo

  1. Pingback: Proxecto Socheo | El Documentalista Audiovisual

  2. Pingback: O Proxecto Socheo intégrase na REAL_CODE | Cidadanía e Educomunicación

  3. Pingback: O Proxecto Socheo súmase á Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento | Proxecto Socheo

Deixar un comentario