Arquivo por etiquetas: Mougás

CURRO DE MOUGÁS. SERRA DA GROBA (1956)

“Montañas de la sierra de la Groba. Curro de Mougás” é un fragmento do NODO de 1956 que leva por sinatura 705-B e ten unha duración de 29 metros. Nel recóllense o curro de Mougás, un motivo cinematográfico que fai gala dunha grande espectacularidade.

Danos en Mougás tras un temporal (1979), de José Quintas

Espectaculares imaxes dos danos causados por un temporal no inverno do ano 1979 en Mougás, Concello de Oia. José Quintas Núñez foi quen tirou estas imaxes que se suman a outros numerosos arquivos que xa saíron á luz no Proxecto Socheo.