Unhas nenas están aprendendo a andar en bicicleta pola vía do porto da Guarda. Unha delas parece que ten a bicicleta desde hai pouco e está montando unha bicicleta amarela con rodiñas. Dan voltas polo que o cámara recolle como estaba as instalacións portuarias, retrata a típica vista da Guarda e tamén se detén en mostrar o Trega e o barrio da Cruzada.
Arquivo por etiquetas: Santa Trega
DESFILE DA FESTA DO MONTE (1982)
Chegamos ao final do Fondo Milo Valterra con este espectacular documento sobre o Desfile da Festa do Monte do ano 1982. Aparecen grupos de música tradicional e bandas como a Negra, Os Perdidos, o Mau Mau, Roja, Os Naranjitos… Imperdible! Gracias a Emilio Baz Lomba por todo.
PROCESIÓN DE SANTA TREGA (c. ANOS 60)
Filme onde se recolle a procesión de Santa Trega na cima do monte nos últimos anos da década dos 60.
Romaría da Festa da Monte (1976), de Enrique Barreiro
Película familiar que filmou Enrique Barreiro durante a romaría da Festa do Monte no ano 1976. Un dos grandes documentos históricos sobre como se celebraba o Dia do Monte Trega a mediados da década dos anos 70.
VISITA AO MONTE SANTA TREGA (1976)
Película familiar que filmou Enrique Barreiro durante unha visita ao Monte Trega no ano 1976. Nela podemos ver o estado do castro e tamén disfrutar das espectaculares vistas desde a cima do monte.
ALÉN DO RÍO MIÑO (1969)
Fragmento do filme “Mas allá del río Miño”, dirixido por Ramón Torrado no ano 1969. Conta a historia dun neno e o seu poldro que fuxen da casa e o pai da con eles coa axuda do apóstolo Santiago. Unha trama rocambolesca que da a excuusa perfecta para facer un percorrido por Galicia. O filme comeza con secuencias na Serra da Groba e logo inicia un periplo polo Baixo Miño, a ría de Vigo e posteriormente Santiago de Compostela.
Secuencia road-movie filmada polo Baixo Miño e o Trega! Atención a frese: “Nosotros como estamos acostumbrados no le damos tanta importancia como ustedes los turistas”. Ainsss!
Rescate (in extremis) feita por Carlos Alberto Reboredo Otero para Socheo. Grazas pola colaboración!
Festa do colexio Manuel Rodríguez Sinde no Campo de Chans (1980)
Este película foi filmada na festa de Fin de Curso do Colexio M.R.Sinde en xullo de 1980. A Asociación de Pais non tiña onde poder celebralo e alugáronse uns autobuses de ATSA para levar os alumnos. Foi unha experiencia que non se volveu a repetir. O lugar de actividades foi o Campo de Chans, instalación deportiva que o Concello da Guarda ten nas faldas do Monte Santa Trega pola banda de Camposancos. Nestas imaxes vese o público congregándose nas gradas e no campo de terra do campo de fútbol e teñen lugar distintos bailes e xogos de carácter familiar.
Así es Galicia (1964)
Fragmento do documental titulado Así es Galicia (1964), “centrada nun percorrido, como o título indica, pola nosa xeografía, costumes e folclore, foi unha produción de Leda Films dirixida polo madrileño Santos Núñez, un documentalista de longa experiencia que neste caso non pareceu valerlle de moito, se atendemos a inanidade dunha realización polo demais ateigada de tópicos”. Nogueira, Xosé: O cine en Galicia, a Nosa Terra, Vigo, 1997, p.289.
Imaxes cedidas ao Proxecto Socheo por José Antonio Uris Guisantes. Graciñas!
ROMARÍA DE SANTA TREGA (C. ANOS 90)
Imaxes do xantar da romaría de Santa Trega onde distintas familias se congregan á altura da Casa Forestal para comer e beber. Esta festividade relixiosa celébrase cada 23 de setembro e ten lugar na capela da cima do monte. Un santuario que ten como advocación a Santa Trega. Unha romaría á que acoden moitos veciños da vila e da contorna.
Troulada da Festa do Monte (1993)
Última hora da tarde no Montiño (Parque do Cancelón). A xente que subiu a cima do Monte Santa Trega fai unha parada para repor forzas antes de acometer a baixada polas rúas da Guarda. Os romeiros bailan frenéticamente e apuran o tempo degustando algo de alimento ou un grolo de viño. Os bombos sonan sen parar amenizando unha gran troulada que se prolongará até ben entrada a noite. As bandas mariñeiras seguen tocando os instrumentos sen parar nunha extraña catarse mestura de cansancio e ebriedade. Xentileza de Beli Álvarez