Arquivo da categoría: Manoel de Oliveira

MANOEL DE OLIVEIRA LEMBRA A GUARDA NO SEU ÚLTIMO FILME

Imaxes do último filme de Manoel de Oliveira: Visita ou Memória e Confissões (1982/2015). Momentos testamentarios no que o cineasta lembra a súa estancia no Colexio da Pasaxe. Para cando unha rúa ou un auditorio co seu nome na Guarda?

FOTO DE MANOEL DE OLIVEIRA NO COLEXIO DE CAMPOSANCOS

O pasado luns, 4 de abril, no Porto, no Teatro Rivoli estreouse o filme póstumo de Manoel de Oliveira Visita ou memórias e confissões que fixo en 1981 e que ficou gardado na Cinemateca Portuguesa en Lisboa até despois da súa morte. Este filme é reflexivo sobre o cinema e sobre a súa biografía. Cando fala sobre a súa vida Oliveira fai referencia a súa estadía na Guarda. Este filme proxectarase nos próximos días no prestixioso Festival de Cannes.

Proxecto Socheo recupera unha foto onde se ve a Manoel de Oliveira cando estudaba no Colexio da Pasaxe. É o primeiro sentado comezando pola dereita.
20150504_153450

FOTOS DO COMO SE FIXO A HOMENAXE A MANOEL DE OLIVEIRA

Imaxe dos distintos procesos de realización do vídeo homenaxe a Manoel de Oliveira.
Primeiro afondouse na súa figura e obra, despois deseñouse o que facer e, finalmente, a rodaxe.

As alumnas e alumnos de Socheo Educativo recordaron así a un dos maiores creadores cinematográficos do mundo que estudou nas proximidades da súa escola fai case un século (1919-1923)

HOMENAXE DO IES A SANGRIÑA A MANOEL DE OLIVEIRA

As alumnas e alumnos do Socheo Educativo, grupo de reflexión e creación audiovisual dos I.E.S. A Sangriña da Guarda (Galiza), fixeron un vídeo homenaxe ao grande mestre do cinema Manoel de Oliveira. O director portugués finou o pasado 2 de abril na súa casa do Porto aos 106 anos de idade.

A nova da súa morte foi transmitida aos alumnos que serviu para ampliar o coñecemento sobre tan insigne creador. Repasouse toda a súa vida, obra e concepción cinematográfica, mais o dato que máis lle chocou foi que estudara, fai case un século, a pouca distancia da súa escola.

Este dato biográfico foi o que motivou aos rapaces a facer este homenaxe urxente, o primeiro que se lle dedica desde o Concello da Guarda. Os rapaces escolleron a canción do Aniki Bobó (1941), o seu filme sobre o mundo da infancia, e gravaron o estado actual do colexio dos xesuítas da Pasaxe (Camposancos) onde Manoel de Oliveira estudou internado desde 1919 a 1923.