Arquivo da categoría: O Rosal

O ROSAL NA MOCHILA (2000)

Fragmento do programa da serie de televisión Un país en la mochila, producida por RTVE no ano 2000, presentado polo cantautor José Antonio Labordeta. Este episodio está dedicado á bisbarra do Baixo Miño e concretamente estas imaxes son as pertencentes ao Rosal.

Advertisements

SUBIDA DO ARCO FLORAL EN SAN XOÁN DE TABAGÓN (2005)

Pablo Lomba, un colaborador estreito de Proxecto Socheo, proporcionounos este vídeo escolar feito por el e outros compañeiros do Instituto dos Somascos da Guarda. Nel recollese unha das tradicións máis espectaculares do Baixo miño que é erguer o arco floral de San Xoán de Tabagón que se prepara agora por estas altura do ano.

Jairo Alonso González cóntanos máis detalles polo miudo: “La voz de David Nùñez claramente. Es de un trabajo en grupo en la que cada grupo realizábamos una especie de documental sobre el temario que nos tocaba y lo exponíamos en clase, para el profesor Padre Vidal. Para la asignatura de Cultura Clásica creo recordar. Por el año 2005 o 2006”.

TABERNA DO GALLADO. O CALVARIO. O ROSAL (1968)

Nestes últimos días do ano un veciño do Rosal, Julio Martinez-Escultor, identificounos unhas imaxes moi singulares: “Son do filme “Masa allá del rio Miño” na que se recolle unha secuencia do antigo bar do “Gallado” do Rosal. Comeza por diante da taberna (hoxe é a farmacia que esta a beira da igrexa) e despois pasamos ao interior onde, entre os actores, vemos a veciños do Rosal entre os que se atopa o propio Gallado detrás da barra. Unhas imaxes que posúen un grato recordo”.

Gracias ao Rosal! Féliz 2016!

PASEO POLA PRAIA DAS EIRAS, DE ENRIQUE BARREIRO (1976)

Película familiar que filmou Enrique Barreiro sobre un paseo na praia das Eiras en 1976. Nela podemos ver como un avó pasea cos netos e un can pola ribeira do Miño.