Arquivo da categoría: gamela

Estivo Eliot Elisofon na Guarda?

elisofon

Tras saír nas redes sociais varias fotos relacionadas con Eliot Elisofon distintas persoas indicáronme as súas dúbidas sobre se este afamado fotógrafo puidera ou non estar na Guarda. A falta de fontes directas (escritas ou orais) que o certifiquen vou facer un pequeno informe para por sobre a mesa como está a cuestión.

Antes de nada dicir quen era Eliot Elisofon para fixar exactamente a súa importancia. Nado en Nova Iork, en 1911. A súa orixe familiar humilde levouno a ver a realidade con outros ollos intentando que no seu traballo o reflectise a condición humana. Membro fundador da Photo League onde fotógrafos estadounidenses uníronse en causas sociais e creativas comúns. Publica na revista Life desde 1937 e se converte nun referente mundial do fotoxornalismo con reportaxes arredor do mundo destacando os que fixo sobre África, cambiando a visión que se tiña sobre este continente. Tamén foi famoso por retratar a vida de Hollywood e colaborar con directores como Alfred Hichtcock e John Houston. Finou en 1973.

Entramos en materia. O que indica que Elisofon estivo na Guarda é a identificación en internet de fotos atribuídas a Elisofon e onde se recoñece A Guarda.
Estas son as coñecidas:
Foto #1 
Foto #2 
Foto #3

E estas son as que apareceron tras unha pesquisa de urxencia (pode haber algún erro ou faltar algunha pasada por alto):
Foto #4
Foto #5
Foto #6
Foto #7
Foto #8
Foto #9
Foto #10
Foto #11
Foto #12
Foto #13
Foto #14

Estas fotos, como se poden comprobar, aparecen no fondo que ten Google Arts & Culture, polo que é de confiar na súa autenticidade, aínda pode caber a posibilidade de que tal insignie fotógrafo puidera ter un axudante. E ollo!, nas descripcións das fichas nunca aparece sinalado o lugar concreto da foto e sí o xenérico de España. Este último dato resulta interesante xa que poden aparecer máis fotos a descubrir por ollos máis avezados.

Pódense datar dunha maneira máis precisa. Sábese que estivo en Portugal (por fotos datadas con exactitude) durante o mes de setembro de 1948, concretamente sabemos que o día 8 estaba en Portugal, en Nazaret. Tamén hai fotos do Porto e de Aveiro. E, despois, hai fotos de Cádiz tamén en setembro e tamén, en setembro, hai fotos do cadro El Jardín de las decilicias del Bosco que está no Museo do Prado en Madrid. Polo que o máis probable é que Elisofon estivera na Guarda a mediados a finais de agosto ou principios de setembro.

Este periplo fixoo para facer o reportaxe Atlantic Coast of Europe na revista Life, publicado o 13 de xuño de 1949. Seica percorreu máis de 12.000 kms en barco e en coche. No ano 1947 xa fixera un reportaxe na revista Life sobre os faros en Atlanctic Coast Ligh.

Sábese, por fotos súas, que en Galicia estivo na Coruña, Vigo, e Baiona. Hai outras fotos con elementos que nos fan supor que son en Galicia, como folios dos barcos, descarga de peixes… Tamén hai motivos que se repiten como retratos, redes secando e boureis. Varias destas fotos puideron sacarse na Guarda pero deixamos a outros pesquisadores que cercioren estas posibilidades.

Como conclusión estaría ben coñecer máis sobre esta estancia de Elisofon na Guarda e intentar localizar algún dos moitos rapaces que saen nas fotos e que contasen algo da sesión fotográfica, algunha característica do fotógrafo ou se estivo hospedado nalgunha pensión ou hotel na Guarda. Os esforzos deben ir nesta dirección e constatar dunha maneira aínda máis fidedigna a estancia de Eliot Elisofon (un dos mellores fotógrafos do mundo) na Guarda.

Xurxo González

Advertisements

NAVEGAÇÃO NO MINHO

Episodio da serie documental “Horizontes da memoria” realizado para a RTP e presentada polo Profesor José Hermano Saraiva. Neste capitulo titulado “Navegação polo Minho” o seu conductor entra navega polas augas do Miño falando das relacións fronteirizas, visitando Seixas, unha pirotecnia enrriba de petroglifos, a Ilha dos Amores, a Boega e remata o seu percorrido en Vilanova de Cerveira.

HISTORIA DAS MIÑAS GAMELAS TRISTES (teaser)

Fai tempo que tíñamos este proxecto parado: HISTORIA DAS MIÑAS GAMELAS TRISTES. Precisamos a vosa colaboración! Comentade lembranzas de gamelas, nome, propietarios, anécdotas, cores, debuxos… Animádevos a comentar e intentemos que non esmoreza o seu recordo.

Engadimos os comentarios deixados en FB.

Proxecto Socheo Na Cruzada había algunha famosa como a XIRICO, onde ían o Xirico e o Chacurro, era de cor verde e vermello e tiña o debuxo dunha muller desnuda e aberta de pernas na proa. Tamén estaban a LUCÍA (vermella e verde) do Manequis, a GALICIA (branca e vermella) do Bulina, SUITA (do Suita) de cor azul e vermella, a LOLO (do Lolillo) de cor amarela e azul, a SARIÑA (do Sariña) de cor azul e vermello,…

Manuel Lomba Nuñez Na ribeira a nosa: Hada, verde manzán e; a do Calano: roxa; a do Rubio, moi pequena, branca e roxa, a do Santa María (compañeiro do Rubio, non confundir con o outro) Rosa; a do Santa María, esta vez sí: escudo do Real Madrid na proa… O que non lembro ven son os nomes, a ver se alguén pode axudar.

Manuel Lomba Nuñez Lembro agora a Corsario, toda de roxo, do Corsario.

Xurxo Chirro Pois eu teño lembranzas moi vivas. Gustábame moito a gamela do CHE e como estaba decorada a súa proa coa efixie famosa do revolucionario. Gustábeme moito os días de reseca onde as gamelas saían co arrastón a coller camaróns entre os argazos. Tamén lembro cando as veces a xente axudaba a varar a gamela, rodo tras rodo, ou cando algún mariñeiro a baixaba esvarando polo verdello facendo acrobacias. Lembro que no verán as gamelas se enchían de auga para que as madeiras se curtisen coa salitre, parecían submarinos. Lembro que nos días de verán con moito sol os mariñeiros pintalas de cores chillóns mais antes había que raspar as pinturas vellas e saían á luz todas as súas peles. Lembro de xogar dentro das gamelas a facer longas travesías cortadas de supeto pola pisallada dalgún propietario. Gustábame como a proa da gamela ía devorando ondas como se fora o boquear dun muxo na tona da superficie. E gustábeme ver sair aos gameleiros, de pé, na popa, ao carón do motor, e a proa ergueita, valente, sen temor aos grandes mares que podían irromper alén do Balueiro.

Gloria Portela Ditos do Pancho ”bolina” ;;;E mellor cuarta de vela’ que cuatro remos na gamela;;;;;;,

Gloria Portela Gamelas do sur ‘ Caraterizase por a sua forma’rectangular.’lixeiramente curvada na proa’asua construcion costa de fondo plan’testeiro proa e popa leva tres bancadas a da proa ;pousamastro; ado fondo chan’ con tres buracos para a inclinacion segun os ventos; datos sacados do libro BAJO MIMHO COSTA SUR’ de Eliseo Alonso,

Gloria Portela Tenho,gamela, tenho remos Sardinhas hainas no mar;Tenho unha muller moza que mais podo desear ””’Eliseo Alonso””’

Lois Rodríguez Recordo as gamelas no porto. Unhas varadas e outras fondeadas cunha poutada. Tamen algunha amarrada no muelle alto. Esas eran as que colliamos os rapaces para dar unha cheda polo porto. Os donos deixabanas cos remos pero levabavan os toletes (na Guarda non usabamos estrobos coma os das rias). Iso non supoña un problema, andabamos cos nosos propios toletes no bolso, é tamen sabiamos singar. Se partia un tolete, non quedaba outra, singar. Que rapaz sabe hoxe singar?. Tampouco remar nas gamelas non era doado, os remos eran largos, pesados, e cruzados. Tampouco se podian empuñar porque tiñan unha forma tronco-conica con moito diametro. O ir cruzados habia que cambiar a posicion dos remos en cada boga. Unha vez arriba e outra vez abaixo. Pódelle parecer a un alleo que estaban moi mal feitos. Pero non, estaban pensados e diseñados respetando o principio fisico da palanca. As gamelas da Guarda navegaban sempre en mar aberto, meu amigo. Se tiñas que remar con a gamela cargada ate a borda de aparellos (mollos, trasmallos, raeiras…), tamen víveres, con dez homes ou mais abordo ate o barco, que estaba fondeado no porto. Había que remar con forza, e a costume era que remase o mais novo. E dicir o rapaz. Tamen era todo un clásico chegar a casa cos pantalóns manchados da brea de cor castaño con a que impermeabilizaban as gamelas. Magoa que vaian desaparecendo. Deberian estar protexidas, forman parte do noso patrimonio cultural.