Arquivo da categoría: Documental

DOCUMENTAL SOBRE A GUARDA (c.1989)

Coa presentación desta gravación dun documental sobre o Concello da Guarda poñemos punto final á mostra do Fondo Xabi Lomba. Es documental foi gravado dunha emisión de Canal50 e ten moitos indicadores de que foi unha obra videográfica para facer publicidade das pontencialidades da Guarda.

Proxecto Socheo está moi agradecido pola colaboración e que confiase en nós para mostrar este material. Aproveitamos a ocasión para reiterar un novo convite á veciñanza da Guarda e da bisbarra para dar a coñecer posibeis materiais audiovisuais que poden ficar polas casas.

Advertisement

O NOSO MAR: AS ARMAS DO EMPERADOR

Documental realizado pola Televisión de Galicia TVG sobre o mundo da pesca do peixe espada. O Ghandi é o barco da Guarda escollido para mostrar as distintas fases da que consta esta pesca coa arte do palangre. Interesantísima película que destaca polo seu alto valor didáctico e pedagóxico.

Vivi-lo mar: vampiros mergullados

Programa de televisión dedicado á pesca da lamprea no río Miño que acontece nas súas augas dede xaneiro a abril. A reportaxe comeza na barra da foz do Miño e remonta o río parándose nas distintas maneiras de capturar este peixe ate chegar ao primeiro encoro. Este percorrido está salpicado de apuntamentos respecto a aspectos biolóxicos, comercialización, históricos e gastronómicos aque gravitan sobre esta curiosa especie que cada vez quedan menos rios galegos que contan coa súa presenza. Gravación facilitada por Barcos da Guarda.

OS MUÍÑOS

Documental escolar que se interesa pola investigación e divulgación dos muíños tanto de vento como de auga que hai na comarca do Baixo Miño. Desta maneira se fai un repaso aos restos dos muiños, explicando o seu funcionamento e mostrando o seu estado de abandono antes de que as autoridades locais procedesen a súa conservación. O filme-videográfico é do ano 1993 e pertence ao C. P. A Sangriña, un colexio que naquela altura traballaba moito, de maneira anovadora, co audiovisual como ferramenta educativa. Graciñas a Rosa Darriba, novamente.