Unha das películas familiares máis completas sobre a Festa do Monte, concretamente sobre a edición de 1978. A habilidade de Laxeiro é condensar o Desfile do sábado, a subida ao Monte, o xantar e a merenda da romería e a Desfeita. Nada máis que dicir… Disfruten!
Arquivo da categoría: Desfile
DESFILE DA FESTA DO MONTE (1981)
Chegamos ao final do Fondo Bixurro coa quinta entrega da colección e, como non, volvemos ao Desfile da Festa do Monte, mais desta vez no ano 1981. Nela podemos ver a José Elías Robollar e familia polo que aproveitamos a ocasión para facerlle público, unha vez máis, o noso agradecemento.
Cámaras de Super 8 nos Desfiles do Monte
Noutras ocasións xa nos tíñamos decatado: o abondoso número de cámaras de Súper 8 que intentaban inmortalizar o Desfile da Festa do Monte. Pero quizais, sexa co filme de Desfile da Festa do Monte (1978) do Fondo Bixurro onde máis cámaras de cinema doméstico aparecen. Deste xeito, moitas veces a nosa mirada vai alén do que acontece no centro do plano e moitas veces vai parar ao que aparece polos laterais. A modo de conclusión podemos dicir que esta cita festiva da Guarda congregaba a moitos cineastas afeccionados, sobre todo desde os anos que van desde o 1976 ao 1981, período de gran esplendor do formato.
DESFILE DA FESTA DO MONTE (1978)
Comezamos a ver o Fondo Bixurro e abrimos cun motivo clásico dentro do cinema local da Guarda: o Desfile da Festa do Monte, desta vez do ano 1978. Grazas a José Elías Rebollar Vega e familia pola súa xenerosidade!
DESFILE DA FESTA DO MONTE (1980)
Segunda película do Fondo de Ramón Pérez. Nela podemos ver a filmación do Desfile da Festa do Monte de 1980. Nesta filmación podemos ver como estaban formadas a Banda Negra, Os Perdidos, Mau Mau e a Banda Nova.
Proxecto Socheo mostra filmacións do médico Ramón Pérez
Estas filmacións domésticas foron realizadas por Ramón Pérez, un antigo e lembrado médico que desempeñou o seu traballo na Guarda desde os años sesenta até practicamente os seus últimos días.
Don Ramón, que así era como o coñeciamos a meirande parte dos seus veciños, naceu en Albeos, Concello de Crecente no ano 1926 e finou en Vigo, en 2009.
As filmacións foron facilitadas pola familia, concretamente pola súa neta, María Pérez, que vive actualmente en Cáceres. As dixitalizacións foron feitas pola Memoria de los Extremeños, proxecto de recuperación cinematográfica da Filmoteca de Extremadura.
Os filmes de Ramón Pérez son caseiros, foron feitos no formato de Super 8, e hai imaxes de Galicia e de distintos viaxes que fixo. As que se mostran en Proxecto Socheo son as imaxes tomadas na Guarda no ano 1979 e 1980. A primeira é unha onde filmación da muller no porto da Guarda cos restos dunha marusía, que polo estado do porte podemos datala en febreiro de 1979. A outra é dun ano despois e recolle o Desfile da Festa do Monte. Concretamente este evento destaca pola cantidade de cámaras que o documentaban.
Os devanditos filmes poderán ser vistos nos vindeiros días na web de Proxecto Socheo: https://proxectosocheo.wordpress.com/