Os amigos do Consello da Cultura Galegafixéronnos a honra de entrevistarnos, ir á Guarda e preparar esta peza sobre o Proxecto Socheo, dentro de A lembranza do ollar. Como non, tamén temos que dar as grazas a José Antonio Uris Guisantes, colaborador destacado desta iniciativa.
Paseo pola Alameda. Espazo lúdico por excelencia da vila da Guarda e onde se pode ver o monumento de Donantes de sangue e a fonte central co seu chafarís.
Filme caseiro de J. A. Uris onde se recollen imaxes desde as cimas do Monte Trega. Desde estas posicións privilexiadas o camarógrafo fixa a súa atención na paisaxe e nos distintos espazos que con figuaran os puntos máis altos do Monte Trega.
Imaxes do “Día do Señor” na Guarda que vén sendo a celebración relixiosa do Corpus. A película foi feita por J. A. Uris no ano 1980 e recolle a tradición de facer alfombras florais polas rúas da Guarda para que pase a procesión.
Imaxes espectaculares dunha filmación dunha xornada de pesca con rediñas. Xente da Guarda embarcada nunha gamela disponse alar unhas caseas de rediñas que estaban nas proximidades da costa, entre a boca do porto e As Loucenzas. Dentro do proceso de pesca vemos como empregan un rodillo de proa para alar as redes. Despois de facer unha selección do peixe dirinxense a porto cunhas fermosas imaxes da Guarda desde unha perspectiva pouco usual e tamén na Ribeira clarexando as redes. Este filme pódese ver gracias á colaboración con Proxecto Socheo de Jose Antonio Uris Guisantes.