Arquivo da categoría: San Queitano

DOCUMENTAL SOBRE A GUARDA (c.1989)

Coa presentación desta gravación dun documental sobre o Concello da Guarda poñemos punto final á mostra do Fondo Xabi Lomba. Es documental foi gravado dunha emisión de Canal50 e ten moitos indicadores de que foi unha obra videográfica para facer publicidade das pontencialidades da Guarda.

Proxecto Socheo está moi agradecido pola colaboración e que confiase en nós para mostrar este material. Aproveitamos a ocasión para reiterar un novo convite á veciñanza da Guarda e da bisbarra para dar a coñecer posibeis materiais audiovisuais que poden ficar polas casas.

Advertisement

A Cruzada xa ten a súa película: De barrio

De barrio é o título da película dirixida por Xurxo Chirro que se vai estrear no FICX (Festival Internacional de Cine de Xixón) e no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata en Arxentina. Este é un proxecto que se puido concretar grazas á colaboración entre as asociacións Proxecto Socheo, da Guarda, e O Faiado da Memoria, de Vilagarcía de Arousa.

Despois de moitas tentativas Xurxo Chirro foi quen de materializar un proxecto que tiña en mente desde o inicio da súa traxectoria cinematográfica. A idea era facer un filme sobre o barrio da Cruzada, un enorme fresco sobre o lugar onde naceu e se criou. Mais sempre cando se aproximaba a este territorio sentimental as cousas mudaban. Foi acumulando material sen atinar coa súa vertebración. Finalmente o fío condutor foi unha veciña maior, Benedicta Rodríguez Sobrino, que coas súas lembranzas convértese nunha metáfora do propio barrio onde xa só quedan lembranzas do que foi.

Segundo as intención de Xurxo Chirro: “Cando creces nun lugar estableces unha serie de vinculacións identitarias que se van potenciando segundo as vivencias. Cando te ausentas durante moito tempo e regresas se produce unha fractura. As cousas xa non son como antes. Todo cambiou: o progreso transformou as maneiras de vivir, a maioría da xente maior que coñecías morreu, as casas destruíronse… Agora xa so queda memoria, unha memoria fráxil que intenta que as túas lembranzas non se oculten definitivamente na néboa que supón o paso do tempo”.

Desde Proxecto Socheo queremos agradecer a toda a xente que amosou a súa disposición favorable para que o proxecto se materializase. Asemade, tamén quere sinalar que esta película é unha homenaxe a todos os veciños e veciñas da Cruzada tanto de hoxe como do pasado porque foron eles quen o viven e o viviron participando da construción dunha comunidade cunha idiosincrasia moi definida.

DE BARRIO CARTEL-web

Procesión de San Queitano (2012)

Plano secuencia onde se recolle o paso da procesión de San Queitano no ano 2012. O emprazamento da cámara é na rúa de San Caetano ao seu paso por enriba da Canteira no desvío cara o camiño de Santa Catalina e a Bouza Grande. Procesión onde saen os estandartes da comisión e os santos aos que se rinde culto na capela e onde se poden recoñecer a moitos veciños do barrio da Cruzada e da Guarda. A festa de San Queitano é a primeira fin de semana de agosto.