Arquivo por etiquetas: Monte

Nova dunha película gravada na Guarda no 1929

Nova descuberta dunha pelicula filmada na Guarda, e como non, no Trega. Grazas a apaixonante lectura d’Os amorodos de Bergman (Editorial Galaxia), ensaio escrito por Fernando Redondo, asistimos á identificacion do filme realizados polos Amigos do Campo no ano 1929.

Advertisement

AIRES DA GUARDA (1958)

“Aires de mi tierra” é unha curtametraxe en cor do ano 1958, dirixida por Alberto Conde. Unha produción realizada ao abeiro do NODO onde se da conta do regreso dun emigrado a Galicia. Na viaxe por Galicia enfía distintos sitios emblemáticos, tamén da Guarda, onde destaca a cima e as vistas desde o Trega.

VISITA DE FRANCO AO MONTE TREGA (1951)

“Franco visita el Monte Santa Tecla” é un fragmento dun NODO realizado en 1951 e que ten como sinatura identidicativa 456-A e ten unha duración de 58 metros. O reportaxe dá conta dunha visita institucional que Fracisco Franco e Carmencita Polo fan ao Monte Trega da Guarda. Á curtametraxe non se lle conserva o son.

LECTURA CRONOLÓXICA DAS IMAXES DO TREGA EN PROXECTO SOCHEO

Presentamos un novo caso práctico de como proceder á lectura das imaxes de Proxecto Socheo,  desta vez enfiando o discurso con imaxes de distintos anos do monte Trega. Neste video se poden ver as diferencias e similitudes á hora de abordar co cinema o territorio.

Traballo realizado para a presentación do Proxecto Socheo no CS Fuscalho.

VIAXE ATÉ O MONTE TREGA (1953-58)

Un novo documento clave do audiovisual da Guarda e do Baixo Miño.

Manuel Arís Torres, natural de Poio (1920), emigrara de neno cos seus pais a Montevideo. No Uruguai, a máis de manter unha estreita relación cos emigrantes no período que traballou como xerente no Centro Galego de Montevideo, chegou a traballar no cinema profesional charrúa. A partir de 1953 realiza varias viaxes a Galicia coa súa cámara Bolex de 16 mm, coa que filmará “Viaje por Galicia” (1953-58). Un filme que continúa co esquema do documental originado na emigración, continuando a tradición de José Gil e que continuarán no outro lado do Atlántico Eligio González, Manuel Arís e Armando Hermida Luaces.

Gracias a Luis A. Martínez Sobrino por colaborar con Proxecto Socheo!