Arquivo por etiquetas: Proxecto Socheo

‘Costiña’: a memoria fotográfica da Guarda desde o Proxecto Socheo na Televisión de Galicia

Zigzag da Televisión de Galicia dedicou un programa á presenza da exposición sobre Joaquín García Portela “Costiña” no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Ademais de gravar a mostra, entrevistou no estudio a Beli Martínez, quen relatou as vicisitudes que levaron a atopar e restaurar as películas do autor guardés e as súas características.

Camiños da Imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela poderá visitarse no Museo do Pobo Galego ata o 10 de xuño.

Dende Proxecto Socheo queremos agradecer, de novo, a xenerosidade da familia de Costiña e o interese de tanta xente polo noso traballo.

Reportaxe sobre a Exposición de Costiña na TVG

 

 

Advertisements

Cartel da exposición “Camiños da imaxe”

Queda unha semana para a inauguración da exposición Camiños da imaxe sobre o arquivo foto-cinematográfico de Joaquín García Portela “Costiña”. Aquí mostramos o cartel realizado por Beli Martínez.

cartelhorarioEXPOCOSTIÑA

Prepárase exposición sobre Joaquín García Portela “Costiña”

vlcsnap-00001

A exposición leva por título Camiños da imaxe e dará conta da figura e da obra do fotógrafo guardés Joaquín García Portela “Costiña”. A exposición terá lugar na Casa dos Alonsos do 22 de xullo ao 15 de agosto.

Este evento vai ser froito dunha estreita unha colaboración ente o Concello da Guarda e Proxecto Socheo. O primeiro, a través da Concellería de Cultura, fixo unha aposta decidida levando as tarefas de produción e o segundo dedicándose a comisariar.

O achádeo dos filmes caseiros do Costiña e a súa posterior dixitalización gracias ao CGAI, a Filmoteca de Galicia, fixo que se pensara na realización deste proxecto expositivo. Non obstante nas tarefas de investigación tivo como engadido a dixitalización das placas fotográficas conservadas polo arquivo da familia.

Beli Martínez, comisaria da exposición salienta: “é unha exposición baseada nunha serie de milagres, de descubertas que ninguén contaba con elas. Esa é a sensación que queremos transmitir coa exposición. Agardamos que este evento sirva de rechamo para atraer visitantes A Guarda e, tamén, que os guardeses desfruten e se sintan orgullosos dela”.

Proxecto Socheo chega aos 100.000 visionados

A canle de Youtube de Proxecto Socheo acaba de rebordar os 100.000 visionados. Nos cinco anos de existencia se subiron case de 400 videos.
Este contenedor de vídeos supón o arquivo audiovisual on-line máis importante que ten A Guarda. Están clasificados e ordenados por temáticas que engrosan as distintas listaxes de reprodución.
Desde Proxecto Socheo queremos volver a parabenizar a todos aqueles colaboradores que se sumaron dunha maneira desinteresada ao proxecto.
Beli Martínez, produtora de Proxecto Socheo, valora a traxectoria até o día de hoxe: “foi un traballo duro máis gratificante. Aínda que vai ser moi difícil agardamos continuar. Ao longo da nosa existencia temos espiñas cravadas como a non realización do proxecto de dixitalizar os fondos de Canal 50 mais quédome coas cousas boas, co coloboración e o apoio da xente, dos veciños da Guarda. Grandes”.

Jeanette se presentará no S8, na Mostra de Cinema Periférico da Coruña

Jeanette-cartaz1

A curtametraxe Jeanette, dirixida por Xurxo Chirro e realizada cos rapaces de Socheo Educativo do IES A Sangriña participará no S8, na VII Mostra de Cinema Periférico da Coruña. Despois de gañar o Premio á mellor curtametraxe no Festival Internacional de Cine Independiente de Cosquín poderase ver por primeira vez en Galicia.

O S8 é un evento cinematográfico que terá lugar na Coruña entre os días 1 e 5 de xuño de 2016. Esta mostra destaca pola súa programación arriscada poñendo o ollo na produción que agroma aos marxes e con grande risco creativo.

Hai que lembrar que Jeanette se fixo ao abeiro de Socheo Educativo, un proxecto de alfabetización audiovisual que se levou a cabo no instuto IES A Sangriña da Guarda. A curtametraxe intenta ser un retrato da adolescencia por medio dunha posta en escena moi singular e certamente opresiva e incisiva.

Proxecto Socheo investigado pola Universidad de Valladolid

Janire Roces, alumna do Master de Economía de la Cultura y Gestión Cultural da Universidade de Valladolid, púxose en contacto con Proxecto Socheo para comunicarlle o seu desexo de facer unha investigación sobre os arquivos audiovisuais que se ergueron en distintas poboacións.
Con esta premisa a investigadora considera a Proxecto Socheo como unha iniciativa modelo para artellar unha ferramenta de arquivo en contacto coa comunidade na que está emprazada. Roces o ten claro, vai abrir o abano a outras iniciativas, mais quere afondar no esquema e na metodoloxía de traballo de Proxecto Socheo. Este proceso sábese que ten éxito non polos documentos atopados senón no seu grao de permeabilidade coa sociedade.
Ao longo da traxectoria de Proxecto Socheo leva despertando o interese do mundo académico participando en aulas, publicacións, mesas e congresos. Isto non fai outra cousa que constatar e abalar a metodoloxía científica coa que se rexe o seu traballo de arquivo.

Jeanette gaña o premio á mellor curtametraxe no FICIC 2016

Jeanette-cartaz1

A curtametraxe Jeanette, dirixida por Xurxo Chirro en colaboración cos alumnos do IES da Sangriña da Guarda, acaba de gañar o premio á mellor curtametraxe na competencia internacional do Festival Internacional de Cine Independente de Cosquín, Córdoba, Arxentina.

Esta curtametraxe é a culminación dunha serie de actividades formativas que levou a cabo Proxecto Socheo no IES A Sangriña da Guarda durante o curso 2014-2015. Este programa de formación audiovisual denominouse Socheo Educativo e foi premiado polo Ministerio de Cultura de Espña polo seu decidido labor de alfabetización audiovisual.

Xurxo Chirro comenta que “está moi contento polo recoñecemento mais o interesante foi a propia realización da curtametraxe xa que contei coa axuda duns rapaces cun inusitado interese e un desbordante entusiasmo por implicarse no proxecto. Parabens para todos eles!”.

Mentres, Beli Martínez, produtora de Proxecto Socheo di con pragmatismo “que bota de menos unha maior implicación e apoio das institucións por que se comproba que co noso método de ensinanza se pode alcanzar con facilidade froitos, que non son outros que xerar unha gran ilusión nos rapaces para comprender e expresarse dunha maneira axeitada e creativa coas ferramentas audiovisuais”.