O programa relixioso da TVG “Polo camiño da fE” dedicoulle no 2014 un especial ao culto de Santa Trega: “Santa Trega, historia e romaría”. Co párroco Don Xesús García Villadóniga e o historiador Xoan Tamuxe.
O programa relixioso da TVG “Polo camiño da fE” dedicoulle no 2014 un especial ao culto de Santa Trega: “Santa Trega, historia e romaría”. Co párroco Don Xesús García Villadóniga e o historiador Xoan Tamuxe.
En novembro de 2012 celebrouse por primeira vez a festividade de Santa Catalina no barrido da Cruzada (A Guarda) dando pé a unha serie de imaxes novas na memoria da xente e na paisaxe.
Filme onde se recolle a procesión de Santa Trega na cima do monte nos últimos anos da década dos 60.
Imaxes do “Día do Señor” na Guarda que vén sendo a celebración relixiosa do Corpus. A película foi feita por J. A. Uris no ano 1980 e recolle a tradición de facer alfombras florais polas rúas da Guarda para que pase a procesión.
Plano secuencia onde se recolle o paso da procesión de San Queitano no ano 2012. O emprazamento da cámara é na rúa de San Caetano ao seu paso por enriba da Canteira no desvío cara o camiño de Santa Catalina e a Bouza Grande. Procesión onde saen os estandartes da comisión e os santos aos que se rinde culto na capela e onde se poden recoñecer a moitos veciños do barrio da Cruzada e da Guarda. A festa de San Queitano é a primeira fin de semana de agosto.