Arquivo por etiquetas: TVG

‘Costiña’: a memoria fotográfica da Guarda desde o Proxecto Socheo na Televisión de Galicia

Zigzag da Televisión de Galicia dedicou un programa á presenza da exposición sobre Joaquín García Portela “Costiña” no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Ademais de gravar a mostra, entrevistou no estudio a Beli Martínez, quen relatou as vicisitudes que levaron a atopar e restaurar as películas do autor guardés e as súas características.

Camiños da Imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela poderá visitarse no Museo do Pobo Galego ata o 10 de xuño.

Dende Proxecto Socheo queremos agradecer, de novo, a xenerosidade da familia de Costiña e o interese de tanta xente polo noso traballo.

Reportaxe sobre a Exposición de Costiña na TVG

 

 

Advertisements

SANTA TREGA: HISTORIA E ROMARÍA

 

O programa relixioso da TVG “Polo camiño da fE” dedicoulle no 2014 un especial ao culto de Santa Trega: “Santa Trega, historia e romaría”. Co párroco Don Xesús García Villadóniga e o historiador Xoan Tamuxe.

 

 

O NOSO MAR: AS ARMAS DO EMPERADOR

Documental realizado pola Televisión de Galicia TVG sobre o mundo da pesca do peixe espada. O Ghandi é o barco da Guarda escollido para mostrar as distintas fases da que consta esta pesca coa arte do palangre. Interesantísima película que destaca polo seu alto valor didáctico e pedagóxico.

Vivi-lo mar: vampiros mergullados

Programa de televisión dedicado á pesca da lamprea no río Miño que acontece nas súas augas dede xaneiro a abril. A reportaxe comeza na barra da foz do Miño e remonta o río parándose nas distintas maneiras de capturar este peixe ate chegar ao primeiro encoro. Este percorrido está salpicado de apuntamentos respecto a aspectos biolóxicos, comercialización, históricos e gastronómicos aque gravitan sobre esta curiosa especie que cada vez quedan menos rios galegos que contan coa súa presenza. Gravación facilitada por Barcos da Guarda.

Tito “Chirro: patrón de pesca

Sección “Mestres e figuras” do programa “O mar” da TVG protagonizado por José Benito Rodríguez González, máis coñecido na Guarda por Tito Chirro. Nel fanlle unha entrevista pola que enfían todos os seus recordos como patrón de pesca especialmente centrándose na do espada que desempeñou por distintas zonas do océano Atlántico e do Índico.