Arquivo da categoría: Mar

ROBALEIRA NO CAMPIONATO GALEGO DE BATEIS NA CORUÑA (2000)

Máis imaxes de arquivo de deporte. O Clube de Remo Robaleira da Guarda participando no Campionato de Bateis de Galicia do ano 2000 celebrado o 23 de abril na Coruña.

Advertisements

Pola Guarda (1969)

Novo tesouro do Proxecto Socheo  extraído dun NO-DO. Fragmento do noticiario “Por las Rías Bajas” de 80 metros realizado por los operadores J. M. de la Chica e Carlos Rodríguez. Concretamente forma parte da sección “Páginas en color” do noticiario 1446-A que se proxectou por primeira vez o 21-09-1970.

BOTADURA DO OLATRANE NOS ASTELEIROS DA PASAXE (1965)

Nova gravación coa vinculación mariñeira da Guarda. Fragmento dun NODO que fai referencia á “Botadura del Oltrane en La Guardia”. Unha reportaxe realizada en 1965 que leva a sinatura de 1172-A e ten unha duración de 49 metros. Nesta película recóllese a botadura dunha carabela nos asteleiros de Joaquín Castro na Pasaxe. O destino, o Río Miño e o Atlántico…

Comparativa de dúas descargas de sardiñas con corenta anos polo medio

Outra vía de traballo no Proxecto Socheo. Poñemos en colisión dúas películas que tratan o mesmo tema, a descarga de sardiñas no porto da Guarda, e que teñen unha diferencia de 40 anos. Con este diálogo aparecen significados e novas apreciacións altamente enriquecedoras para o usuario de Proxecto Socheo. Este tipo de lectura é a que se ten que dar nun arquivo como proxecto socheo. Ver dintintas imaxes de distintos tempos e ver as diferencias e similitudes. En definitiva, ver, con nitidez, o paso do tempo.

Videobitácora do Costa do Ceo

Presentamos a videobitácora do Costa do Ceo, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todo peixe espada e marraxos. O que vemos é un diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo.

As imaxes son de 1992.

Pódense seguir todos os vídeos no canle youtube do Proxecto Socheo…