Arquivo por etiquetas: peixe espada

PINILLOS PRIMEIRO: CHEGANDO A CANARIAS (cap.8)

O Pinillos Primeiro chega a Canarias…

Advertisements

PINILLOS PRIMEIRO: PEIXE A BORDO (cap.3)

Seguimos coa videobiitácora do Pinillos Primeiro. Neste capítulo comeza a chegar peixe a bordo. Queremos lembrar que esta actividade pesqueira mudou moito. Este proceso sufriu unha fonda transformación respecto á data das imaxes: 2002. O único interese que ten Proxecto Socheo é destacar o seu valor documental.

NUEVO CEDES (cap.1): XANTAR

Nova videobitácora en Proxecto Socheo, a videobitácora do Nuevo Cedes, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todos peixe espada e marraxos. O que vemos é un diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo. Unhas gravacións feitas no ano 1997. Máis no noso youtube.

MISIÓN CIENTÍFICA DO PLAYA DE SOMO

Embarcamos no Playa de Somo, barco da Guarda que vai realizar unha misión científica para facer estudos sobre a pesca do peixe espada. Tras sair do porto de Vigo e de facer escala no porto de Las Palmas de Gran Canaria diríxese a costas africanas para facer lances nos que sondear o comportamento desta especie peláxica.  Graciñas a Rocío a do Bonanza pola gravación de finais dos anos 90.

No canle de Youtube subirase a maré en distintas entradas.

O NOSO MAR: AS ARMAS DO EMPERADOR

Documental realizado pola Televisión de Galicia TVG sobre o mundo da pesca do peixe espada. O Ghandi é o barco da Guarda escollido para mostrar as distintas fases da que consta esta pesca coa arte do palangre. Interesantísima película que destaca polo seu alto valor didáctico e pedagóxico.