Arquivo por etiquetas: Camposancos

O CAMIÑO SANTIAGO PASA POLO RÍO MIÑO (1999)

Imaxes dos títulos de crédito finais da miniserie amaricana titulada El camino de Santiago (1999) donde actuaron actores da talla de Charlon Heston o Anthony Quinn.

DE BISSAU Á PASAXE – de Ricardo Dorado

Nova entrega de Socheo Educativo…

O alumno Ricardo Dorado conseguiu filmar o momento en que o barco “Orca”, con bandeira da Guiné-Bissau, era remolcado polo río Miño nas proximidades da Pasaxe, en Camposancos.

Exercicio II – Minutos Lumière

Tras un sinxelo achegamento teórico ao papel da imaxe e das súas representacións ao longo da historia, detivémonos no xurdimento do cinema a finais do século XIX. Despois de visionar e comentar as primeiras obras filmadas polos Lumière propuxemos que o alumnado realizase, usando os aparellos que tivesen a man (mobiles ou cámaras), unha gravación cun plano fixo de aproximadamente un minuto. Así como fixeron os irmáns franceses, os estudantes capturarán nestas pezas anacos da sua propia cotidianidade: xente, espazos, paisaxe, etc.

Lembranzas da miña primeira escola – Jeanette Conde

Socheo Educativo

A alumna Jeanette Conde ofrécenos unha perspectiva do seu barrio en Camposancos. O seu ollar saudoso detense no edificio e no patio que, ata hai poucos anos, albergaba a Escola Infantil “A Poza”, na que ela mesma comezou a sua andaina escolar.

Exercicio II – MINUTO LUMIÈRE