Novo tesouro do Proxecto Socheo extraído dun NO-DO. Fragmento do noticiario “Por las Rías Bajas” de 80 metros realizado por los operadores J. M. de la Chica e Carlos Rodríguez. Concretamente forma parte da sección “Páginas en color” do noticiario 1446-A que se proxectou por primeira vez o 21-09-1970.
Arquivo da categoría: Monte
Aires de mi Tierra, Aires do Trega (1958)
“Aires de mi tierra”. Unha curtametraxe en cor do ano 1958, dirixida por Alberto Conde. Unha produción realizada ao abeiro do NODO onde se da conta do regreso dun emigrado a Galicia. Na viaxe por Galicia enfía distintos sitios emblemáticos onde destaca a cima e as vistas desde o Trega.
VISITA DE FRANCO AO MONTE TREGA (1951)
“Franco visita el Monte Santa Tecla” é un fragmento dun NODO realizado en 1951 e que ten como sinatura identidicativa 456-A e ten unha duración de 58 metros. O reportaxe dá conta dunha visita institucional que Fracisco Franco e Carmencita Polo fan ao Monte Trega da Guarda. Á curtametraxe non se lle conserva o son.
LECTURA CRONOLÓXICA DAS IMAXES DO TREGA EN PROXECTO SOCHEO
Presentamos un novo caso práctico de como proceder á lectura das imaxes de Proxecto Socheo, desta vez enfiando o discurso con imaxes de distintos anos do monte Trega. Neste video se poden ver as diferencias e similitudes á hora de abordar co cinema o territorio.
Traballo realizado para a presentación do Proxecto Socheo no CS Fuscalho.
VIAXE ATÉ O MONTE TREGA (1953-58)
Un novo documento clave do audiovisual da Guarda e do Baixo Miño.
Manuel Arís Torres, natural de Poio (1920), emigrara de neno cos seus pais a Montevideo. No Uruguai, a máis de manter unha estreita relación cos emigrantes no período que traballou como xerente no Centro Galego de Montevideo, chegou a traballar no cinema profesional charrúa. A partir de 1953 realiza varias viaxes a Galicia coa súa cámara Bolex de 16 mm, coa que filmará “Viaje por Galicia” (1953-58). Un filme que continúa co esquema do documental originado na emigración, continuando a tradición de José Gil e que continuarán no outro lado do Atlántico Eligio González, Manuel Arís e Armando Hermida Luaces.
Gracias a Luis A. Martínez Sobrino por colaborar con Proxecto Socheo!
MINA-FONTE DOS PAXAROS (2012)
Visita a Mina-Fonte dos Paxaros nas abas do Monte Trega. Unha perforación no chan na procura duns manantiais de auga. Na actualidade esta fonte é quen nutre de auga á famosa Fonte da Cal no barrio da Cruzada.
Desfeita da Festa do Monte 1996 (Canal 50)
Pequeno fragmento da retransmisión que fixo a televisión local da Guarda, Canal 50, das festas do Monte no 1996. Nesta ocasión coincidindo co peche do programa empregan imaxes da Desfeita
IMAXES DA GUARDA (c. ANOS 60)
Pois iso, imaxes da Guarda nos anos 60. O Monte, o Porto, as Cachadas…
EXCURSIÓN AO MONTE TREGA (1960)
Unha das primeiras filmacións familiares que recolle unha visita a cima do Monte Trega. A excursión ven sinalada na pizarra e foi feira o 3 de setembro de 1960. O filme pertence a familia Lareo de Vigo.
PROCESIÓN DE SANTA TREGA (c. ANOS 60)
Filme onde se recolle a procesión de Santa Trega na cima do monte nos últimos anos da década dos 60.