“Aires de mi tierra” é unha curtametraxe en cor do ano 1958, dirixida por Alberto Conde. Unha produción realizada ao abeiro do NODO onde se da conta do regreso dun emigrado a Galicia. Na viaxe por Galicia enfía distintos sitios emblemáticos, tamén da Guarda, onde destaca a cima e as vistas desde o Trega.
Arquivo da categoría: Anos 50
CURRO DE MOUGÁS. SERRA DA GROBA (1956)
“Montañas de la sierra de la Groba. Curro de Mougás” é un fragmento do NODO de 1956 que leva por sinatura 705-B e ten unha duración de 29 metros. Nel recóllense o curro de Mougás, un motivo cinematográfico que fai gala dunha grande espectacularidade.
CABALOS SALVAXES EN TORROÑA (1952)
“Caballos salvajes en el curro de Torroña” é un fragmento dun NODO do ano 1952 que leva por sinatura 496-B e ten un duración de 30 metros. Unha reportaxe que se centra por primeira vez nun dos curros que acontecen na Serra da Groba. Un motivo espectacular ao que se recurriría varias veces máis. Gran documento de especial interese para os veciños do concello de Oia e os amantes da natureza.
Aires de mi Tierra, Aires do Trega (1958)
“Aires de mi tierra”. Unha curtametraxe en cor do ano 1958, dirixida por Alberto Conde. Unha produción realizada ao abeiro do NODO onde se da conta do regreso dun emigrado a Galicia. Na viaxe por Galicia enfía distintos sitios emblemáticos onde destaca a cima e as vistas desde o Trega.
VISITA DE FRANCO AO MONTE TREGA (1951)
“Franco visita el Monte Santa Tecla” é un fragmento dun NODO realizado en 1951 e que ten como sinatura identidicativa 456-A e ten unha duración de 58 metros. O reportaxe dá conta dunha visita institucional que Fracisco Franco e Carmencita Polo fan ao Monte Trega da Guarda. Á curtametraxe non se lle conserva o son.
VIAXE ATÉ O MONTE TREGA (1953-58)
Un novo documento clave do audiovisual da Guarda e do Baixo Miño.
Manuel Arís Torres, natural de Poio (1920), emigrara de neno cos seus pais a Montevideo. No Uruguai, a máis de manter unha estreita relación cos emigrantes no período que traballou como xerente no Centro Galego de Montevideo, chegou a traballar no cinema profesional charrúa. A partir de 1953 realiza varias viaxes a Galicia coa súa cámara Bolex de 16 mm, coa que filmará “Viaje por Galicia” (1953-58). Un filme que continúa co esquema do documental originado na emigración, continuando a tradición de José Gil e que continuarán no outro lado do Atlántico Eligio González, Manuel Arís e Armando Hermida Luaces.
Gracias a Luis A. Martínez Sobrino por colaborar con Proxecto Socheo!