Arquivo da categoría: NO-DO

CABALOS NA SERRA DA GROBA (1960)

“Caballos de la Groba” é un fragmento do NO DO do ano 1960 que ten como sinatura 911-A e ten unha duración de 30 metros. Os curros da serra da Groba era un motivo recurrente no noticiario, como acreditan estas gravacións que compilamos no Proxecto Socheo.

Advertisements

AIRES DA GUARDA (1958)

“Aires de mi tierra” é unha curtametraxe en cor do ano 1958, dirixida por Alberto Conde. Unha produción realizada ao abeiro do NODO onde se da conta do regreso dun emigrado a Galicia. Na viaxe por Galicia enfía distintos sitios emblemáticos, tamén da Guarda, onde destaca a cima e as vistas desde o Trega.

CABALOS SALVAXES EN TORROÑA (1952)

“Caballos salvajes en el curro de Torroña” é un fragmento dun NODO do ano 1952 que leva por sinatura 496-B e ten un duración de 30 metros. Unha reportaxe que se centra por primeira vez nun dos curros que acontecen na Serra da Groba. Un motivo espectacular ao que se recurriría varias veces máis. Gran documento de especial interese para os veciños do concello de Oia e os amantes da natureza.

BOTADURA DO OLATRANE NOS ASTELEIROS DA PASAXE (1965)

Nova gravación coa vinculación mariñeira da Guarda. Fragmento dun NODO que fai referencia á “Botadura del Oltrane en La Guardia”. Unha reportaxe realizada en 1965 que leva a sinatura de 1172-A e ten unha duración de 49 metros. Nesta película recóllese a botadura dunha carabela nos asteleiros de Joaquín Castro na Pasaxe. O destino, o Río Miño e o Atlántico…