Arquivo por etiquetas: Fondo Raúl González Puebla

VISITA A OBRAS EN MAZARACOS (FINAIS ANOS 70)

Filme de Raúl González onde vemos como a comitiva gubernamental vai a visitar as obras que se están a realizar na zona de Mazaracos ou cerca da antiga Punta Xenete. Na visita vemos como hai tempo para reflectir unha obra que se está a facer co colector de augas residuais de Mazaracos de do barrio de Rubadavila e tamén como recolle o tránsito de embarcacións na boca do porto da Guarda. Así, a contraluz, do sol da tarde onde fai cincilear as ondas do mar vemos como unha gamela a vela intérnase no porto da Guarda.

VISITA A OBRAS EN SALCIDOS (FINAIS ANOS 70)

Nesta ocasión a revisión “fílmica” das obras do concello tocoulle á parroquia de Salcidos. Nesta película podemos ver como a comitiva gubernamental local revisa obras que se están a facer en San Roque, Buxán, O Castro… Nela podemos recoñecer ao teniente-alcalde Ligero.

VISITA Á ZONA DE SANTA CATALINA (FINAIS ANOS 70)

Neste filme Raúl González documenta unha visita institucional ao territorio para facer un estudio in situ das posibilidades de urbanizar a zona. Concretamente estas imaxes corresponde a zona do remate da actual rúa Fernández Albor e os arredores da fonte de Santa Catalina, debaixo da Canteira da Cruzada. Na visita tamén aparece Ligero e algunha otra persona que poden ser arquitectos ou veciños.

INAUGURACIÓN DA TENDA DE RIEGO LOMBA (FINAIS ANOS 70)

Grazas a Raúl González asistimos ao acto de inauguración do establecemento que a empresa de construcción Riego Lomba estableceu na Guarda a finais dos nos 70. Concretamente este negocio estaba situado entre a rúa Manuel Álvarez e Concepción Arenal. Curiosamente a aparición de esta tenda é altamente significativa xa que amparaba un boom constructor sen precedentes.