Videobitácoras

Qué son as videobitácoras?

CANERO

Filmo-bitácora do Canero realizada en 1981-82. Primeiras filmacións en soporte cinematográfico que aparecen dun barco da Guarda. O Canero se dedicaba á pesca con mollos. Pertence ao Fondo de Milo Valterra.

PLAYA DE SOMO

Embarcamos no Playa de Somo, barco da Guarda que vai realizar unha misión científica para facer estudos sobre a pesca do peixe espada. Tras sair do porto de Vigo e de facer escala no porto de Las Palmas de Gran Canaria diríxese a costas africanas para, tras ultimar o aparello, facer lances nos que sondear o comportamento desta especie peláxica.

TANIA-MARÍA-VÍDEO FOX

Vídeo Fox é unha videobitácora do Tania-María, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico, perto das Azores, e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todos peixe espada e marraxos. A tripulación gravouse durante unha “maré” desde que están de ruta cara o caladoiro até que volven ao porto de Vigo. O que vemos nesta serie é unha gravación autoconsciente dun diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo.

PINILLOS PRIMEIRO

Video-bitácora do Pinillos Primeiro, barco da Guarda dedicado á pesca do espada. Seguiremos a este barco en 15 capítulos coñecendo a súa tripulación, as súas faenas, os seus espazos, as súas capturas e as súas travesías. Boa singladura a todos.

COSTA DO CEO

Presentamos a videobitácora do Costa do Ceo, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todo peixe espada e marraxos. O que vemos é un diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo.

NUEVO CEDES

Presentamos a videobitácora do Nuevo Cedes, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todo peixe espada e marraxos. O que vemos é un diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo. Unhas gravacións feitas no ano 1997.

AMEL

A videobitácora Amel foi gravada durante os anos 1998, 1999 e 2000. Nela recóllense as actividades da súa tripulación e os distintos acontecementos que caracterizaron as súas travesías. É un documento excepcional que da conta como poucos o traballo do mariñeiro. Estas gravacións foron proporcionadas por José Antonio Uris Guisantes.

Advertisements