Arquivo por etiquetas: Tradicións

PROCESIÓN DO SEÑOR (1980)

Imaxes do “Día do Señor” na Guarda que vén sendo a celebración relixiosa do Corpus. A película foi feita por J. A. Uris no ano 1980 e recolle a tradición de facer alfombras florais polas rúas da Guarda para que pase a procesión.

Advertisement

Vendima nas Eiras (1976)

Película familiar que filmou Enrique Barreiro durante a vendima nas Eiras no ano 1976. Un documento onde se pode seguir as fases dunha vendima tradicional desde que se recolle a uva do campo ata que se expreme na prensa.

MARCAS DOS MARIÑEIROS DA GUARDA

Documentación da exposición “Marcas dos mariñeiros da Guarda” que organizou Anabam na súa sede desde o 26 de decembro de 2012 ao 5 de xaneiro de 2013. Conducidos polo relatorio de Antón Ferreira, un dos promotores da exposición, deambulamos polos espazos e facemos un seguimento das distintas pezas que forman parte dela. Homenaxe aos mariñeiros da Guarda.


VÍDEO FOX

Vídeo Fox é unha videobitácora do Tania-María, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico, perto das Azores, e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todos peixe espada e marraxos. A tripulación gravouse durante unha “maré” desde que están de ruta cara o caladoiro até que volven ao porto de Vigo. O que vemos nesta serie é unha gravación autoconsciente dun diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo.

Na nosa canle de Youtube subiranse diversos anacos desta peza.

Matanza do Porco (1980)

Imaxes dunha mataza de porco dun modo tradicional. As familias da Guarda simultaneaban a pesca coa agricultura e, ademáis, tamén tiñan animais onde sobre todo dominaban as cabezas porcinas xa que aportaban abondosa carne para diversificar a alimentación. O matarife chegaba á casa, a familia arrumbaba o cocho nun banco se lle clavaba un coitelo debaixo dunha pata. Tras desangralo se queimaba, limpábase e posteriormente se descuartizaba intentando aproveitar o máximo todo o corpo do animal.