Arquivo por etiquetas: Río Miño

Ratas embarcando para A Guarda

Fragmento do telefilme “O bosque de Levas”, dirixida por Antón Dobao en 2006. Nestas imaxes recollen unha viaxe no ferry entre A Guarda e Caminha. Todo é placidez e beleza mais nada fai agardar que atravesía remate cunha desagradable sorpresa.

Vivi-lo mar: vampiros mergullados

Programa de televisión dedicado á pesca da lamprea no río Miño que acontece nas súas augas dede xaneiro a abril. A reportaxe comeza na barra da foz do Miño e remonta o río parándose nas distintas maneiras de capturar este peixe ate chegar ao primeiro encoro. Este percorrido está salpicado de apuntamentos respecto a aspectos biolóxicos, comercialización, históricos e gastronómicos aque gravitan sobre esta curiosa especie que cada vez quedan menos rios galegos que contan coa súa presenza. Gravación facilitada por Barcos da Guarda.

O Fío do Río Miño

Na Guarda acontece un fenómeno da natureza moi peculiar. Unha marca de auga procedente do Río Miño avanza polo mar cando baixa a marea; a auga doce permanece na superficie, distinguíndose da salgada. Esta marca, segundo ventos e correntes, pode avanzar varios quilómetros mesmo até a praia da Area Grande ou entrar polo porto da Guarda. A este fenómeno chámase, tradicionalmente “o fío do río”.