Arquivo por etiquetas: O Rosal

X CAMPIONATO IBÉRICO DUATLÓN DO BAIXO MIÑO (2000)

Fragmento do programa A revista da TVG onde se recolle unha conexión en directo para dar conta do X Campionato Ibérico Duatlón do Baixo Miño.

Advertisements

O CALVARIO, O ROSAL (1968)

Fragmento do filme “Más allá del río Miño”, dirixido por Ramón Torrado no ano 1968. Unha produción que tivo varias localización polo Baixo Miño, aquí presentamos a secuencia que se filmou no Calvario, no Rosal.

PASEO POLA PRAIA DAS EIRAS, DE ENRIQUE BARREIRO (1976)

Película familiar que filmou Enrique Barreiro sobre un paseo na praia das Eiras en 1976. Nela podemos ver como un avó pasea cos netos e un can pola ribeira do Miño.

Vendima nas Eiras (1976)

Película familiar que filmou Enrique Barreiro durante a vendima nas Eiras no ano 1976. Un documento onde se pode seguir as fases dunha vendima tradicional desde que se recolle a uva do campo ata que se expreme na prensa.

Martes de Carnaval nas Eiras (1991)

Imaxes do filme “Martes de Carnaval”, dirixida por Fernando Bauluz e Pedro Carvajal en 1991. Este filme foi filmado maioritariamente en San Miguel no Rosal mais tamén incorporaron localizacións nos arredores como estas dúas secuencias que acontecen na ribeira do Miño, concretamente nas Eiras. Aquí presentamos a secuencia final onde se sobreimpresionan os títulos de créditos finais.