Arquivo por etiquetas: Monte

VIAXE ATÉ O MONTE TREGA (1953-58)

Un novo documento clave do audiovisual da Guarda e do Baixo Miño.

Manuel Arís Torres, natural de Poio (1920), emigrara de neno cos seus pais a Montevideo. No Uruguai, a máis de manter unha estreita relación cos emigrantes no período que traballou como xerente no Centro Galego de Montevideo, chegou a traballar no cinema profesional charrúa. A partir de 1953 realiza varias viaxes a Galicia coa súa cámara Bolex de 16 mm, coa que filmará “Viaje por Galicia” (1953-58). Un filme que continúa co esquema do documental originado na emigración, continuando a tradición de José Gil e que continuarán no outro lado do Atlántico Eligio González, Manuel Arís e Armando Hermida Luaces.

Gracias a Luis A. Martínez Sobrino por colaborar con Proxecto Socheo!

MINA-FONTE DOS PAXAROS (2012)

Visita a Mina-Fonte dos Paxaros nas abas do Monte Trega. Unha perforación no chan na procura duns manantiais de auga. Na actualidade esta fonte é quen nutre de auga á famosa Fonte da Cal no barrio da Cruzada.