Arquivo por etiquetas: lagosta

AS LAGOSTAS DO BAHÍA (C. ANOS 90)

A Guarda é famosa pola súa lagosta. Crustáceo ao que anualmente se lle dedica unha festa gastronómica polo comezo do verán. Neste vídeo dos anos 90 presentamos o viveiro dun dos mellores restaurantes da Guarda: O Bahía, ao final do porto. Nel hai unha poboación moi variada; a parte de lagostas, atopamos bogavantes e bois.