Arquivo por etiquetas: Jeanette

Jeanette protagonista no El Comarcal de La Voz de Galicia

NjeanetteVOZDEGALICIA

Jenette protagonista nas páxinas de El Comarcal do Baixo Miño da Voz de Galicia. O artigo titúlase “Jeanette, a faciana da que naceu unha curta” escrito por Miriam Vázquez Fraga.

Advertisements

Jeanette se presentará no S8, na Mostra de Cinema Periférico da Coruña

Jeanette-cartaz1

A curtametraxe Jeanette, dirixida por Xurxo Chirro e realizada cos rapaces de Socheo Educativo do IES A Sangriña participará no S8, na VII Mostra de Cinema Periférico da Coruña. Despois de gañar o Premio á mellor curtametraxe no Festival Internacional de Cine Independiente de Cosquín poderase ver por primeira vez en Galicia.

O S8 é un evento cinematográfico que terá lugar na Coruña entre os días 1 e 5 de xuño de 2016. Esta mostra destaca pola súa programación arriscada poñendo o ollo na produción que agroma aos marxes e con grande risco creativo.

Hai que lembrar que Jeanette se fixo ao abeiro de Socheo Educativo, un proxecto de alfabetización audiovisual que se levou a cabo no instuto IES A Sangriña da Guarda. A curtametraxe intenta ser un retrato da adolescencia por medio dunha posta en escena moi singular e certamente opresiva e incisiva.

O cartel de Jeanette realizado por Alfonso Vicente Rey

 

Jeanette-cartaz1O artista guardés Alfonso Vicente Rey realizou o cartel da curtametraxe Jeanette que se estreará no FICIC 2016, no Festivial internacional de Cine Independiente de Cosquín en Córdoba, Arxentina.

O cartel reproduce un dos planos máis significativos da curtametraxe, concretamente cando a protagonista se ve o seu rostro nun espello lateral dun coche. Un momento intenso e que re-enmarca o primeiro plano.

Segundo Alfonso Vicente Rey:“escollín o fotograma que me pareceu máis atractivo para poder facer un retrato do personaxe. Atopaba nel unha síntese dos aspectos máis relevantes da súa personalidade adolescente: certo misterio e inxenuidade, que tratei de traducir mediante o emprego dos lapis de cores”.