Arquivo por etiquetas: Guardeses polo Mundo

GUARDESES NOS ESTADOS UNIDOS (II)

Breogán Álvarez fixo este espectacular plano secuencia de cando vai da casa ao traballo en NY pasando por Central Park. Imaxes recollidas desde unha cámara no seu casco de cando anda en bibicleta. Guardeses polo mundo, sección do Proxecto Socheo.

Guardeses polo Mundo

Unha nova vertente do traballo do Proxecto Socheo, GUARDESES POLO MUNDO. Recibimos moitos videos de guardeses no exterior polo que era de seu darlle un protagonismo especial.

A idea é facer un pequeno vídeo de 2-5 minutos onde saian cousas caracteristicas do país ou lugar onde vives. Pode ser en plan turístico (monumentos, tradicións, xente) ou diario amosando o que fas. Podes enviar clips soltos e logo Socheo fará o vídeo. Podes empregar o wetransfer, o mail ou o whatsaap. Mais info: proxectosocheo(arroba)gmail.com

Animádevos!

Guardeses polo mundo